Venres 19 Abril 2024

Vigo alíase co xigante chino do mar

Con 90 anos de existencia e 19 facultades de todos os ámbitos do coñecemento, que dan cabida máis de 42.000 estudantes, a Ocean University of China é a gran referencia en oceanografía e ciencias pesqueiras do país asiático, unha realidade que vén avalada, polo feito de que o 70% de doutores e doutoras do ámbito mariño chineses proceden desta universidade radicada en Quingdao e que, segundo os seus datos, a súa posición, en canto a produción científica no ámbito mariño, está entre as 30 primeiras do mundo. Hai tres anos, unha delegación de Campus do Mar visitaba esta institución académica chinesa para dar a coñecer o campus de excelencia internacional e dende entón ata agora mantívose unha relación, que a partir de hoxe cobra unha nova dimensión coa sinatura dun memorando de entendemento subscrito polos reitores Salustiano Mato e Yu Zhigang. Ambos os dous responsables institucionais destacaron a importancia que para as súas universidades representa este acordo, que ten o obxectivo de fomentar a cooperación, promovendo o intercambio de persoal docente e investigador e de administración e servizos e alumnado, así como de información e materiais que resulten de interese mutuo.

 Os reitores Salustiano Mato e Yu Zhigang.
Os reitores Salustiano Mato e Yu Zhigang.

“Este é o primeiro convenio que asinamos cunha universidades española”, desvelou o reitor da Ocean University of China, que expresou a súa disposición a colaborar coa Universidade de Vigo en áreas de estudo como a auga, “que en España está moi desenvolvido”, sinalou Yu Zhigang, así como en tecnoloxía e enerxías renovables e mesmo no idioma español, “do que aínda non se imparten clases na nosa institución, pero que nun futuro se podería facer con docentes da Universidade de Vigo, ao tempo que profesores nosos poderían impartir chinés aquí”, explicou. Pola súa banda, o reitor Salustiano Mato amosou a súa total disposición a colaborar coa institución académica chinesa, por exemplo para facilitar a súa introdución en Sudamérica, buscando unha colaboración conxunta. O reitor da Universidade de Vigo agradeceu a presenza da delegación chinesa no campus vigués e trasladoulle aos seus integrantes os datos máis relevantes da institución e a súa aposta pola especialización “a través do Vigo Tecnolóxico, o Campus da Auga e o Campus Crea”, así como o traballo desenvolvido para captar recursos alleos ao financiamento público e mesmo a capacidade de xeración de iniciativas emprendedoras, que permitiu que nos últimos cinco anos aflorasen unha trintena de empresas.

O Campus do Mar permitirá o intercambio de doutorandos entre Galicia e China

O director de Campus do Mar, Emilio Fernández, valora de xeito moi especial a sinatura deste convenio “porque supón que por primeira vez se abre a porta da Ocean University of China para que os nosos estudantes vaian á OUC e viceversa. É algo polo que levamos traballando desde o primeiro ano e creo que será o inicio dunha colaboración máis intensa con institucións chinesas e, en particular, coa OUC”. Esta circunstancia, segundo explica Fernández, vai moi ligada á axuda á mobilidade acadada do Ministerio de Educación, nunha acción preparada de xeito conxunto entre a Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo e Campus do Mar, a través da que se financiará o vindeiro curso catro mobilidades de alumnado de doutoramento de cinco meses de duración, dúas de Vigo cara a China e outra dúas de China cara á Universidade de Vigo, ás que se engaden dúas mobilidades máis de docentes, un de Vigo cara a China e viceversa.
Co memorando de entendemento de hoxe o número de institucións académicas chinesas coas que a Universidade de Vigo ten asinados convenios ascende a nove, o mesmo número de acordos que a institución viguesa mantén con outros seis países asiáticos.

Publicidade

Vigo acolleu a reunión da Alizanza Internacional de Institucións Mariñas

A Ocean University of China é neste intre a encargada de liderar a International Alliance of Marine-related Institutions, IAMRI, unha rede de institucións mariñas do mundo, integrada por organismos de referencia mundial no campo mariño como as universidades de Toquio, Bremen, Brest, Southern Corea e Quebec, así como o National Oceanography Centre do Reino Unido e o Woods Hole Oceanographic Institute e desde hai seis meses, tamén Campus do Mar. O IAMRI celebra ata hoxe na Universidade de Vigo a súa reunión anual na que, por unha banda, se planifican as estratexias cara ao curso 15-16, entre as que destaca a organización dunha escola de verán en Corea do Sur , así como a identificación de cursos que podan ser ofertados por todos os membros e, pola outra, se celebra un foro científico “que serve para poñer en contacto aos investigadores dos nosos grupos con outros de universidades da rede, co obxectivo de identificar áreas de traballo conxunto”, explica o director de Campus do Mar.
Na inauguración da reunión, celebrada onte, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato aludiu á importancia da xuntanza como “unha oportunidade para os membros da rede de discutir a composición deste órgano e o desenvolvemento de programas específicos, así como para aprender e intercambiar coñecementos sobre ciencia e establecer novas vías de colaboración”. Pola súa banda, o director da IAMRI e reitor da OUC, Yu Zhigang, destacou a incorporación de Campus do Mar á rede, o que supuxo, dixo “nova enerxía para o desenvolvemento de IAMRI”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia
00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano
00:02:51

As mariscadoras pensan en abandonar o mar: o marisco non medra ou morre

As rías experimentan unha caída da produción derivada da sobreexplotación e o cambio climático. Nas últimas semanas a situación agravouse polas riadas

A borrasca Domingos bate o récord de altura significante de onda de Portos do Estado

A boia de Estaca de Bares na Coruña rexistrou 13,95 metros (Hs) o sábado 4 de novembro, o que representa a media da terceira parte das ondas máis altas