Un mergullador, na gravación do Buraco do Inferno. (Club Buceo Ons)

Un mergullador, na gravación do Buraco do Inferno. (Club Buceo Ons)

Viaxe aos fondos do Buraco do Inferno

O Club Buceo Ons publica espectaculares vídeos nos que baixan ó pozo de 43 metros na illa de Ons

O Club Buceo Ons documenta unha viaxe ao Buraco do Inferno, o pozo vertical de 43 metros de fondo situado na illa de Ons. Os vídeos, realizados en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, descobren os segredos desta formación de rocha que dá acubillo a unha rica flora e fauna mariña.

Robalizas, sargos e auténticos ‘xardíns’ de percebes van sucedéndose diante das cámaras dunha gravación documental de varios vídeos, que serán proxectados en espazos como o edificio Cambón, en Vigo, sede do centro de interpretación do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

As gravacións forman parte do proxecto OnSub, e nos primeiros mergullos contaron coa participación do documentalista Jorge Candán.

Podes atopar máis información na páxina do Club Buceo Ons

Club Buceo Ons – Dentro del Buraco do Inferno (3) | Facebook

Dentro del Buraco do Inferno (3)

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.