Venres 29 Marzo 2024

Aparecen varados no Grove dous caldeiróns de 4 metros de longo

Dous caldeiróns apareceron esta fin de semana varados na praia da Lanzada e no Grove. Os exemplares foron recollidos pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma). Estes dous caldeiróns (Glopicephala melas) vararon moi preto un do outro e, segundo a Cemma, presentaban un bo estado de saúde xeral “e con carga parasitaria moderada”. Eran un cachorro de 3 metros de lonxitude (A Lanzada) e unha femia de 4,5 metros (en Porto Meloxo).

Os expertos da Cemma salientan que un dos exemplares “presentaba un forte traumatismo cefálico e indicios de morte por asfixia. Estamos pendentes das conclusións do equipo veterinario en base ás análises das mostras“. O equipo da Rede de Varamentos, coa Unidade móbil da CEMMA, recolleron datos e mostras biolóxicas para determinar con exactitude as causas da morte.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano

“As toxicidades atraídas polos ‘pellets’ son unha ameaza para os animais mariños”

Dende a Cemma apuntan que o máis preocupante é o risco de afección que sofren os mamíferos acuáticos
00:00:25

Un lobo mariño na Coruña: "A chegada dunha femia adulta ás costas é inusual"

A Cemma segue a ruta deste exemplar dende o 30 de decembro, cando foi avistada en Burela

Este vídeo amosa todos os plásticos extraídos dun cetáceo varado na Coruña

Gran parte dos varamentos destas especies débese á presenza de residuos humanos que obstrúen o seu sistema dixestivo