Venres 19 Abril 2024

A USC lidera un proxecto para mellorar a sustentabilidade da pesca marítima recreativa

Analizar o impacto socioeconómico e ambiental da pesca marítima recreativa en España é o principal obxectivo do Proxecto SICORE, que lidera a Universidade de Santiago de Compostela e que conta co financiamento da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

En Europa practican a pesca recreativa marítima preto de 10 millóns de afeccionados que xeran un gasto para o desenvolvemento da actividade de arredor de 6.000 millóns de euros anuais. En España estímase que son 300.000, cun gasto directo aproximado de 217 millóns. Diante destes datos, a Política Pesqueira Común recoñece que a pesca recreativa pode ter un impacto significativo nos recursos pesqueiros e por iso a Unión Europea comezou a lexislala de maneira conxunta coa pesca comercial. Para afrontar esta estratexia é necesario realizar un maior esforzo investigador que permita recompilar datos da actividade e así poder xestionala dunha maneira máis sustentable.

Publicidade

En España non existe unha recollida sistemática de información en canto a investigación

Non obstante, en España non existe unha recollida sistemática de información sobre esta actividade en materia de participación, esforzo, capturas, gastos e perfil social dos pescadores, tal e como propón o grupo de traballo sobre pesca recreativa do International Council for the Exploration of the Sea. Esta cuestión pode resultar un problema, xa que se a Comisión Europea considera que España non está cumprindo as súas obrigas neste campo, podería impor sancións económicas tales como a imposibilidade de recibir fondos FEMP.

Para dar resposta a esta necesidade nace o Proxecto SICORE, que nesta primeira etapa se está dedicando a compilar a analizar toda a información e investigación existente acerca da pesca marítima recreativa en España. Ademais, cara ao remate do ano está prevista a celebración don simposio internacional no que se orientarán as futuras políticas de investigación e xestión da actividade en España. Finalmente, co consenso de todas as partes implicadas, elaborarase un Código de Boas Prácticas para a actividade.

Os resultados do proxecto serán de aplicación en todo o litoral e en todas as augas territoriais españolas (tanto de competencia autonómica como estatal), coa previsión de desenvolver acción específicas en Baleares, Cataluña, Galicia, Murcia e o País Vasco.

O consorcio de SICORE está integrado por algúns dos científicos máis recoñecidos no mundo no ámbito do estudo da actividade e do sector en Europa e España. O equipo investigador que coordina a USC –nomeadamente o profesor de Economía Aplicada Sebastián Villasante e o investigador posdoutoral da Xunta de Galicia Pablo Pita Orduna– está formado ademais pola Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo (FEDPEMAR), o Centro Tecnolóxico AZTI-Tecnalia, as Universidades de Girona e Murcia e o CSIC a través do CEAB-CSIC e do CSIC-IMEDEA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles