Man, na súa vivenda en Camelle.

Man, na súa vivenda en Camelle.

A USC investigará o legado artístico de Man de Camelle

O Concello de Camariñas e a universidade asinaron un convenio para estudar as obras do anacoreta, falecido tras a catástrofe do Prestige

O 28 de decembro de 2002, cando o chapapote do Prestige sepultaba as súas esculturas e rodeaba a súa caseta, Manfred Gnädinger, Man de Camelle, apareceu morto.  Gran parte da súa obra artística segue sendo descoñecida para o público catorce anos despois. Esta semana, o Concello de Camariñas e a USC firmaron un convenio de colaboración para estudar o legado documental do anacoreta.

A iniciativa xurdiu hai uns meses, despois da visita a Camelle do profesor de Literatura Comparada César Domínguez Prieto, xunto aos seus alumnos de Ecocrítica. O principal obxectivo da iniciativa será organizar, clasificar e analizar o legado de Man para “comprender o proceso persoal e artístico que levou á transformación de Manfred Gnädinger, un mozo alemán que chegou a Camelle a comezos dos anos 60, no anacoreta Man.

Ata o de agora, segundo sinalou na sinatura do convenio a directora do Museo de Man, Andrea Serodio, ata o de agora aínda non se estudou a documentación que Gnädinger acumulou durante as décadas nas que viviu en Camelle.

1280px-Museo_de_Man,_Camelle,_Camariñas,_Galiza_03

3 respostas a “A USC investigará o legado artístico de Man de Camelle”

  1. Eva Vázquez

    Meréceo. Namorouse da nosa terra e ficou aquí levando unha vida ermitaña. Sempre decía que para vivir só necesitaba o que a terra lle daba. Onde teño que firmar ou que teño que facer pa concienciar a quen lle corresponda,que as obras feitas con corazón é pasión,son obras de arte. Él era y será…nuestro Gaudí gallego. Todo un orgullo haberte conocido Man

  2. Eva Vázquez

    Eu coñecino fai miotos anos,e incluso estiven dentro da sua casiña tomando café. Alí dentro era coma estar nun museo,tiña preciosidades e fíxome pintar un debuxo é unha escutura.Decíame que pintara con cores que me saisen da alma. Eu tiña 19 anos. Chegamos a falar en alemán un vo rato. Era afable,cordial. Cando se diu conta que a miña parella por aquel entonces falaba alemán (eu só o chapurreaba,pero o mezclaba co inglés) a sua amabilidade aumentou con nos,por iso o café. Volvín anos mais tarde,co meu fillo de 6-7 meses. Por favor,fagan algo por conservar o seu legado,meréceo enamorousr

  3. Quiquepardo

    Xa era hora. Resulta ofensivo o estado de abandono no que se atopa a sua obra. Unha vergoña da que e responsable primeiramente o pobo de camelle. Gracias a Man moita xente situamos a camelle no mapa

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.