Martes 16 Abril 2024

Unha tese da USC avanza na prevención dun parasito letal para as ameixas

A perkinose é unha enfermidade causada polo parasito Perkinsus olseni. É unha doenza letal para a ameixa xapónica, unha das variedades con maior niver de produción e comercialización en Galicia e España. Agora, unha tese da USC, presentada por Abul Farah Md. Hasanuzzaman, da Khulna University de Bangladesh, trata de indagar nos mecanismos moleculares que están detrás desta enfermidade. O traballo de Abul Farah, un investigador procedente de Bangladesh que recalou na USC a través do programa Erasmus Mundus, recibiu a máxima cualificación.

Tese_Hassan_02
O autor da tese, cos directores e os membros do tribunal.

Este avance é un requisito esencial para desenvolver estratexias que permitan o control da perkinose. O autor da tese descubriu algúns dos mecanismos empregados polo parasito para superar as defensas inmunitarias da ameixa. Ademais, a análise integrada da interacción parasito-ameixa permitiu coñecer as causas da etioloxía e progreso da enfermidade, elementos que fornecen información clave para poder desenvolver estratexias de prevención, control e selección de estirpes resistentes a esta parasitose.

Publicidade

A tese recaeu baixo a dirección de Paulino Martínez e Belén Gómez e o tribunal encargado de avaliala estivo presidido por Antonio Villalba García, do Centro de Investigacións Mariñas dependente da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. Completaron o tribunal o profesor de Xenética da Universidade de Vigo Ángel Eduardo Pérez Diz e a profesora titular do Departamento de Xenética da USC, Carmen Bouza Fernández.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

A planta ‘Zostera’, aliada para mitigar os efectos da baixada de salinidade nas rías

Un equipo do CIM realiza un estudo pioneiro nas instalacións de Toralla onde imitan as condicións das mareas e os efectos das precipitacións intensas

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura
00:02:51

As mariscadoras pensan en abandonar o mar: o marisco non medra ou morre

As rías experimentan unha caída da produción derivada da sobreexplotación e o cambio climático. Nas últimas semanas a situación agravouse polas riadas