Unha das novas especies atopadas.

Unha das novas especies atopadas.

Unha investigadora da USC describe 12 novas especies de moluscos abisais

María del Carmen Cobo estudou as mostras obtidas con material remoto polo buque alemán Meteor

A contribución ao coñecemento da biodiversidade dos fondos abisais é dunha importancia capital, pois a pesar de que as partes máis profundas dos océanos se estenden polo 90 por cento de toda a superficie terrestre ocupada polo mar, tan só se explorou un 5% con instrumental remoto e a porcentaxe de mostrexo e estudada con detalle é inferior ao 0.01 %.

Agora, un novo traballo da USC súmase aos estudos desa parte descoñecida do noso planeta. A investigadora do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da USC María del Carmen Cobo Llovo estudou na súa tese doutoral a biodiversidade e distribución zooxeográfica de moluscos solenogastros, con características moi primitivas e especialmente interesantes desde o punto de vista evolutivo.

O traballo ofrece resultados especialmente relevantes,  xa que nel se describen por primeira vez para a ciencia doce novas especies cuxa morfoloxía e distribución foron analizadas pormenorizadamente. Os descubrimentos son o resultado de cinco anos de reconstrución anatómica e estudo zooxeográfico de material procedente das expedicións oceanográficas do buque alemán Meteor nas cuncas abisais de Angola, Guinea, El Cabo, Brasil e Arxentina e é unha cesión da Sociedad Senckenberg para a investigación da Natureza (Frankfurt, Alemaña), fundada en 1817 por Johann Wolfgang von Goethe.

A tese ‘Distribución anfiatlántica y diversidad del orden Pholidoskepia (Moluscos, Solenogastros) en los fondos del Atlántico Sur (Cuencas Abisales de Angola, Guinea, El Cabo y Brasil)’ obtivo a cualificación de sobresaliente Cum Laude e foi dirixida polo profesor José Carlos Otero González.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.