Venres 29 Marzo 2024

O tráfico marítimo escorrenta á toniña común das costas galegas

A presencia da toniña, un cetáceo de menor tamaño que os delfíns, está en perigo nas nosas costas. Así o confirma un estudo do BDRI, o Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares, publicado na revista Marine Biology. Estas pescudas falan da distribución e da abundancia desta pequena especie. A toniña común (Phocoena phocoena) é un exemplo da regresión que sofren as poboacións de cetáceos nos nosos mares. A súa situación pode compararse con outro tipo de toniña: a toniña de México, a piques de se extinguir. Segundo esta investigación, a toniña común non aparece nas costas por mor da contaminación acústica, entre outros factores.

Identificáronse de media 4,8 toniñas comúns por cada grupo, algo preocupante

O estudo elixiu a costa sur de Galicia para investigar a situación da especie, un reduto para o animal. En 273 días de análise, determinaron 70 grupos de toniñas. Esta cifra é dez veces menor que a dos grupos de golfiños atopados na mesma zona, que ascendeu a 712. Identificáronse de media 4,8 toniñas comúns por cada grupo, algo preocupante.

Publicidade

Por que as toniñas comúns non se achegan ás nosas costas?

O resultado do traballo amosou que as toniñas comúns son exemplares maiormente costeiros.  Hai máis probabilidades de atopalas en augas profundas de máis de 100 metros de profundidade. Ademais, é frecuente velas tamén no borde da plataforma continental. Aínda así, si que se aprecia unha tendencia a que o animal garde ás distancias con respecto á costa. Entre os factores que explican esta situación atópase o tráfico de embarcacións de motor. As toniñas evitan aparecer en zonas de alta concentración de tráfico marítimo por mor da contaminación acústica. Esta cuestión é incompatible co seu comportamento asustadizo.

Por outra banda, o estudo tamén constata que os golfiños mulares non teñen nada que ver coa distribución das toniñas. Puidéronse ver grupos de delfíns e toniñas compartindo territorio sen agresividade ningunha. Grazas aos expertos podemos coñecer mellor o grado de vulnerabilidade dunha das especies de cetáceos máis ameazadas en España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A rede ambiental máis grande do mundo declara as rías galegas como área importante de mamíferos mariños

A IUCN destaca o valor da poboación dos cetáceos que viven nas costas de Galicia, especialmente dos golfiños

Galicia duplica o promedio anual de varamentos: “Non temos explicación”

Unha toniña no Grove eleva a máis de 520 os exemplares atopados. Os científicos están investigando os motivos deste aumento de casos

En que zonas das Rías Baixas hai plásticos flotantes? Este mapa ten a resposta

Un equipo do Grove leva dende 2016 realizando mostraxes na ría de Arousa e nas súas augas circundantes para estudar o lixo mariño en superficie

Queres adoptar un golfiño da ría de Arousa? Así podes facelo

O Bottlenose Dolphin Research Institute BDRI, con sede no Grove, ofrece a posibilidade de apadriñar un exemplar dos 40 que están estudando