O proxecto PARASITE quere avaliar a percepción do anisakis que teñen os consumidores.

O proxecto PARASITE quere avaliar a percepción do anisakis que teñen os consumidores.

Sondaxe ao anisakis

Centro Tecnolóxico do Mar e Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) convocan unha enquisa popular para avaliar os efectos do 'verme do peixe'

Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM), do CSIC, elaboraron, xunto á Universidade de Aberdeen e o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), unha enquisa para avaliar a exposición ao ‘verme do peixe’, o anisakis, e a disposición a pagar por produtos totalmente libres del en catro países europeos con distintos hábitos de consumo: España, Reino Unido, Dinamarca e Croacia. Este estudo realízase no marco do proxecto PARASITE, coordinado dende o IIM.

As respostas á enquisa, que pode completarse nuns 15 minutos, son totalmente anónimas e confidenciais. Só as persoas maiores de 18 anos poden realizala. Os resultados serán de grande importancia para desenvolver métodos que permitan aumentar a calidade e a seguridade dos produtos da pesca.

O anisakis ou ‘verme do peixe‘, presente de xeito natural en moitos peixes mariños, pode provocar anisakiasis e reaccións alérxicas en humanos que consuman peixe cru ou lixeiramente cociñado sen métodos preventivos.

O anisakis podería ser a maior causa de reaccións alérxicas alimentarias

Este parasito considérase un problema de saúde emerxente a nivel mundial, especialmente en Xapón, España e Italia, onde o peixe cru, lixeiramente cociñado ou mariñado é parte da dieta habitual, a través do sushi, sashimi, bocartes en vinagre, ceviche, etc… A enfermidade chamada anisakiasis pode cursar con gravidade de leve a severa e inclúe síntomas asociados a reaccións alérxicas. Ademais, algúns datos publicados suxiren que este verme é a maior causa subxacente de reaccións alérxicas alimentarias en España.

“Xunto aos riscos para a saúde, o anisakis supón un importante problema para a industria do peixe. Por iso é imprescindible obter información acerca das posibilidades de introducir no mercado novas tecnoloxías que garantan a total inocuidade dos produtos, especialmente para consumidores alérxicos”, explican os promotores da enquisa. Nela van valorar tamén se existe predisposición positiva dos consumidores a pagar máis por un produto diferenciado, o que podería incentivar un cambio tecnolóxico.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.