Xoves 25 Abril 2024

O censo europeo de cetáceos realizou 800 avistamentos en Galicia e o Cantábrico

Durante o pasado verán, investigadores de nove países europeos desenvolveron un titánico estudo: desde o estreito de Gibraltar ata Noruega, durante seis semanas, tres barcos e sete avionetas realizaron mostraxes nun área de 1,8 millóns de quilómetros cadrados e máis de 60.000 quilómetros lineais de costa. O obxectivo, facer unha estimación sobre a abundancia e distribución de cetáceos en Europa. Esta campaña, denominada Scans-III, é a terceira dunha serie que tamén se realizou en 1994 e 2005. A campaña tamén contou con participación galega. Os investigadores Begoña Santos, Xulio Valeiras e Camilo Saavedra, do Centro Oceanográfico de Vigo, navegaron no buque Ángeles Alvariño polas augas do golfo de Biscaia e do oeste da plataforma galega. “Scans-III é un bo exemplo de cómo a colaboración internacional na UE é precisa para avaliar a situación e distribución destas especies”, sinala Begoña Santos, que ademais é xefa da Área de Pescarías do IEO.

Rorcual avistado durante a campaña. Foto: IEO.
Rorcual avistado durante a campaña. Foto: IEO.

Nas augas de Galicia e o Cantábrico realizáronse máis de 800 avistamentos de oito especies de cetáceos distintas, aínda que segundo apuntan desde o IEO, “é preciso levar a cabo polo menos unha campaña máis no futuro antes de que se poida avaliar o seu estado de conservación”.

Publicidade

Os resultados globais apuntan a que máis de 1,5 millóns de baleas, golfiños e marsopas habitan en augas do Atlántico Europeo. As cifras, presentadas durante a última conferencia da Sociedade Europea de Cetáceos (ECS) sinalan entre as especies máis abundantes ao golfiño común (468.000), a marsopa (467.000) e o golfiño riscado (372.000). Amais, outros 158.000 delfíns non puideron ser identificados, polo que ben poderían ser comúns ou riscados. Tamén se catalogaron outras especies deste mamífero: 36.000 de fociño branco, 28.000 mulares e 16.000 de flanco branco.

No referente a outros animais, realizouse unha estimación do número de caldeiróns (26.000), rorcuais comúns (18.000), rorcuais de ás brancas (15.000), cachalotes (14.000), e zifíidos de varias especies (11.000).

O estudo completo pode consultarse neste enlace.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia duplica o promedio anual de varamentos: “Non temos explicación”

Unha toniña no Grove eleva a máis de 520 os exemplares atopados. Os científicos están investigando os motivos deste aumento de casos

Restos de baleas atopados en Galicia corroboran a extinción de dúas especies do Atlántico

Unha investigación arqueolóxica reuniu mostras do 3500 a.C. ata o século XVIII no maior estudo de Europa sobre estes cetáceos

Un equipo de Vigo estuda como mellorar a pesca de arrastre para protexer os cetáceos

O IEO está probando dispositivos para reducir os descartes e evitar a captura accidental de especies protexidas

As candorcas Gladis atacan a un veleiro arousano: “Sácanse dentes dos timóns”

O barco que viaxaba para participar na Copa do Rey de vela sufriu danos no timón, quedou sen piloto automático e tivo que ser remolcada