Hippocampus Guttulatus, o cabaliño de mar narizón que habita as rías galegas. Foto: CSIC.

Hippocampus Guttulatus, o cabaliño de mar narizón que habita as rías galegas. Foto: CSIC.

Premio en Donosti para dous documentais galegos sobre natureza submarina

'Mareas Vermellas' e 'SyngDOC' gañan os 'goyas' do cine submarino no festival CIMASUB

O cine de natureza e os documentais sobre temas mariños semellan estar en boa forma en Galicia. E o confirman os premios acadados no Festival de San Sebastián polos audiovisuais SyngDOC’  e ‘Mareas Vermellas’ , que gañaron a Barandilla de Prata e a Barandilla de Bronce, respectivamente, no certame de cine submarino CIMASUB.

O documental ‘Mareas Vermellas’ está dirixido por  Manuel García Blanco (IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO), e xa recibiu unha mención honorífica no Premio Prismas 2017 na categoría de audiovisuais sobre ciencia. Foi cofinanciado pola Fundación Española de Ciencia y Tecnología (Fecyt) e BioImaxe e recibiu o apoio do IEO.

O audiovisual, producido por Bioimaxe, amosa a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análises exhaustivas que consigan a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos.

Pola súa banda, “SyngDoc: O mundo secreto dos Signátidos” adéntrase no mundo dos cabaliños de mar co financiamento da Axencia Estatal CSIC e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

“Está previsto que a estrea oficial sexa a finais de novembro en Vigo e pretendemos celebrar diversos actos e coloquios sobre o seu contido, en colaboración con diferentes institucións, así como a súa difusión en canles de televisión”, explica Miquel Planas Oliver, científico do IIM-CSIC, experto en cabaliños de mar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.