Comparación entre o peixe transxénico (arriba), e o salvaxe (abaixo).

Comparación entre o peixe transxénico (arriba), e o salvaxe (abaixo).

Peixes con máis masa, pero coa mesma graxa

Un estudo do CSIC, coa participación da UVigo, descobre o mecanismo xenético para mellorar a talla dos peixes de acuicultura

Un estudo impulsado polo CSIC, no que participou a Universidade de Vigo, atopou un mecanismo xenético que permite criar peixes en acuicultura cun 60 por cento máis de peso, sen aumentar a porcentaxe de graxa corporal. Este achádego, publicado na revista Hormones and Behavior, permitirá avanzar na investigación dos factores que controlan o crecemento e a eficiencia alimenticia dos peixes criados en cautividade.

O mecanismo identificado no estudo baséase na inhibición do sistema hormonal de melanocortinas, un sistema que tamén controla a pigmentación dorso-ventral dos peixes, polo que “os especímenes transxénicos son fácilmente identificables”, explica Josep Rotllant, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

Inhibindo o sistema hormonal de melanocortinas, os peixes comen máis

“Bloqueando o sistema hormonal no peixe cebra, modifícanse os sistemas neuronais que regulan a saciedade, polo que estes animais poderían comer mais. Cando se alimentan coa mesma cantidade de comida que os peixes non modificados, o seu peso aumentan ata nun 60 por cento e medran un 15 por cento máis en lonxitude, amosando unha maior eficiencia alimenticia”, expón o investigador José Miguel Cerdá, do Instituto de Acuicultura Torre de la Sal, dependente do CSIC.

Esta mellora na eficiencia é, na actualidade, unha das máximas prioridades no eido da acuicultura, xa que disto depende a súa sostenibilidade e a dispoñibilidade no mercado a prezos asequibles. No traballo tamén participaron, ademais da Uvigo co investigador Jesús Míguez, o Instituto de Bioquímica e Fisioloxía Evolutiva de San Petersburgo (Rusia), os Institutos de Alimentación, Pesquerías e Investigación en Acuicultura de Noruega e a Universidade de Vanderbilt (Estados Unidos).

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.