Sábado 20 Abril 2024

Os científicos rexeitan aplicar os 'cero descartes' na pesca artesanal

Sebastián Villasante.
Sebastián Villasante.

O profesor e investigador da USC Sebastián Villasante presenta este martes en Bruxelas os resultados do estudo ‘Small-scale fisheries and the zero discard rate’, un traballo encargado polo Comité de Pesca do Parlamento Europeo sobre a posta en práctica da prohibición de descartes nas pesqueiras artesanais da UE.
As principais conclusións deste informe, liderado por científicos de Galicia e participación internacional, indican que a pesar de que os descartes na pesca tradicional son mínimos, existe escasa evidencia científica que xustifique a prohibición dos mesmos na pesca artesanal por parte da Comisión Europea. O citado estudo advirte asemade de que a efectividade deste tipo de medidas en pesqueiras industriais logo de décadas de relevar datos científicos biolóxicos e socioeconómicos aínda está por confirmarse.

Aplicar ‘cero descartes’ afectaría tamén a navegabilidade dos barcos

O estudo ‘Small-scale fischeries and the zero discard rate’ tamén conclúe que a prohibición de descartes na pesca artesanal é imposible de levar á práctica na medida en que o espazo a bordo das embarcacións xa se atopa optimizado, polo que modificar as características estruturais dos barcos afectaría á súa propia navegabilidade, aumentaría o peso das embarcacións e o tempo dedicado polos pescadores a bordo. Todos estes efectos suporían de xeito implícito un incremento das horas de traballo e, en consecuencia, un aumento dos custes laborais e tamén dos derivados do combustible.
Os autores do informe ‘Small-scale fischeries and the zero discard rate’, un estudo coordinado pola USC e no que tamén participan as universidades de Vigo, de Abeerden (Reino Unido), Aveiro (Portugal), British Columbia (Canadá), e o Institut de Recherchepor le Développement (Francia), analizan neste traballo a situación actual dos descartes ao tempo que propoñen diversas recomendacións técnicas e de xestión relativas aos incentivos por parte dos pescadores para o cumprimento da prohibición dos descartes.

Publicidade

Podes consultar o estudo
neste enlace do Parlamento Europeo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia
00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano
00:02:51

As mariscadoras pensan en abandonar o mar: o marisco non medra ou morre

As rías experimentan unha caída da produción derivada da sobreexplotación e o cambio climático. Nas últimas semanas a situación agravouse polas riadas

A borrasca Domingos bate o récord de altura significante de onda de Portos do Estado

A boia de Estaca de Bares na Coruña rexistrou 13,95 metros (Hs) o sábado 4 de novembro, o que representa a media da terceira parte das ondas máis altas