Xoves 28 Marzo 2024

Os Bolechas celebran o centenario do Oceanográfico de Vigo

Os Bolechas, a coñecida familia protagonista da serie de libros infantís en galego, non se quixeron perder o 100º aniversario do Centro Oceanográfico de Vigo, do IEO. Para celebralo, o seu creador, Pepe Carreiro, realizou un libro no que se amosa de xeito claro, ameno e sinxelo o traballo diario que se realiza no centro.

O libro, financiado pola Xunta, será enviado a todos os colexios de ensinanza Infantil e Primaria de Galicia e ás bibliotecas públicas da provincia de Pontevedra. Ademáis, está dispoñible de xeito gratuíto en internet.

Publicidade

Os Bolechas, a familia de ficción creada por Pepe Carreiro no ano 2000, acumula xa máis de 300 títulos publicados e un millón e medio de exemplares distribuídos. É un dos referentes da banda deseñada e a literatura infantil en galego.

Podes descargar de forma gratuíta Os Bolechas no Centro Oceanográfico de Vigo na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia
00:03:49

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

'Veiga', 'laverca' e 'Rábade' son palabras que herdamos de linguas perromanas, xermanas e árabes e que hoxe forman parte do léxico galego

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

h

Un equipo galego revisa a literatura científica sobre estes eventos dende comezos do século XX ata a data