O persoal do Oceanográfico, no acto deste venres. Foto: IEO-Vigo.

O persoal do Oceanográfico, no acto deste venres. Foto: IEO-Vigo.

O Oceanográfico de Vigo reivindica a igualdade no Día da Muller na Ciencia

O centro, dirixido desde 2015 por Victoria Besada, conta con máis persoal feminino ca masculino

As investigadoras e os investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo, dependente do Instituto Español de Oceanografía, reivindicaron este venres a igualdade de xénero na investigación con un acto para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o vindeiro domingo 11.

Durante uns minutos, o persoal do Oceanográfico reuniuse ás portas do edificio para retratarse con carteis conmemorativos, nos que manifestaron o apoio ao acceso e participación das mulleres e as nenas no ensino, a capacitación, a ciencia e a tecnoloxía, co fin de conseguir a igualdade plena no acceso das mulleres ao emprego, a docencia e a carreira investigadora. O centro está dirixido desde 2015 por Victoria Besada, e conta con máis mulleres que homes na súa plantilla.

O Oceanográfico sumouse tamén á celebración coa participación en actividades para visibilizar o traballo das científicas, impulsando a creación de roles femininos na ciencia, e promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no eido científico. Durante este mes, 19 traballadoras do centro (científicas, persoal técnico e de administración) están ofrecendo charlas en colexios e institutos das provincias da Coruña e Pontevedra, nas que contan a súa propia experiencia e amosan aos alumnos algúns dos máis destacados referentes femininos na ciencia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.