O buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa' zarpa de Vigo este luns para a campaña da pescada.

O buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa' zarpa de Vigo este luns para a campaña da pescada.

O ‘Sarmiento de Gamboa’ zarpa para un intenso estudo sobre a pescada

O buque oceanográfico parte de Vigo nunha campaña con científicos do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)

O buque oceanográfico ‘Sarmiento de Gamboa‘ zarpa este luns de Vigo para unha importante campaña sobre a poboación de pescada no litoral norte de Galicia. Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) lideran esta investigación, dentro do proxecto DREAMER, no que se traballará con larvas de pescada europea (Merluccius merluccius) para coñecer a súa distribución e evolución dende a posta dos ovos ata a idade adulta pasando polos alevíns.

DREAMER

A campaña durará dúas semanas, ata o vindeiro 27 de marzo, con intensa recollida de mostras entre o cabo Fisterra e o mar fronte a Ribadeo, dentro da plataforma continental galega. DREAMER é un proxecto coordinado entre o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), o Instituto Mediterráneo de estudos avanzados (IMEDEA) e a Fundación AZTI, financiado polo Plan Estatal de I+D+i. O obxectivo é “a análise dos procesos ecolóxicos do recrutamento da pescada europea, desde a produción de ovos ata a fase na que a especie se recruta definitivamente á poboación”.

A importancia desta investigación radica en que se pretende determinar a abundancia e a distribución tanto dos ovos como das larvas de pescada. E mesmo determinar se hai unha soa poboación homoxénea de pescada no mar de Galicia ou ben podería haber outras que interaccionan con ela. Os datos resultantes poden ter importancia futura para o sector pesqueiro.

A coordinación desta campaña recae no Grupo de Ecoloxía Pesqueira do IIM, que dirixe o investigador Fran Saborido Rey.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.