O buque Vizconde de Eza. Foto: IEO.

O buque Vizconde de Eza. Foto: IEO.

O IEO arranca en Vigo unha campaña de investigación pesqueira no Gran Sol

Un grupo de 19 científicos estudará as especies que habitan no fondo do banco de Porcupine

O buque Vizconde de Eza, pertencente á Secretaría Xeral do Mar, sairá o vindeiro sábado desde o porto de Vigo para poñer rumbo ao banco pesqueiro de Porcupine, ao oeste da illa de Irlanda, no marco dunha campaña de investigación organizada polo Instituto Español de Oceanografía (IEO). O obxectivo do proxecto é avaliar os recursos pesqueiros da zona, como a pescada, o peixe sapo, o rapante ou o lagostino, de gran importancia para a flota galega e española.

Así, os investigadores do IEO estudarán o estado das poboacións destas especies, así como do resto de animais mariños da comunidade demersal e béntica, é dicir, as que habitan nas zonas máis profundas deste banco. Durante a campaña, os científicos realizarán unhas 80 pescas a profundidades que oscilarán entre os 180 e os 800 metros.

Tamén se recollerán datos hidrográficos das masas de auga para estudar as súas condicións oceanográficas e a súa influencia na distribución e abundancia das especies. Con toda esta información, analizaranse os parámetros clave para comprender a distribución das especies que habitan na zona, permitindo avanzar e proporcionar datos precisos para unha xestión sostible da actividade pesqueira.

O equipo do IEO estará dirixido por Francisco Baldó, do Centro Oceanográfico de Cádiz, e contará con 19 investigadores e técnicos dos centros do IEO na Coruña, Santander, Gijón, Vigo, Baleares, Murcia e Cádiz, ademais dun observador irlandés. A campaña forma parte do proxecto ERDEM4 (Evaluación de Recursos Demersales), dirixido por Francisco Velasco, do Centro Oceanográfico de Santander.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.