Montse Pérez é Científica Titular do IEO e está especializada en Xenética Aplicada.

Montse Pérez é Científica Titular do IEO e está especializada en Xenética Aplicada.

“Está en perigo a credibilidade do IEO e dos seus investigadores”

A científica do Oceanográfico e profesora da UVigo conta como a parálise do organismo o converte "nun lastre para a consecución de obxectivos"

Montse Pérez Rodríguez cumprirá en maio sete anos traballando no Instituto Español de Oceanografía. É Científica Titular do organismo e é responsable da planta de Cultivos do Centro Oceanográfico de Vigo e dá clase tamén na Universidade de Vigo. Está especializada en Xenética Aplicada. A parálise do instituto, debido aos recortes e a burocracia, estalle impedindo sacar adiante proxectos que involucran a compañeiros do centro. “Estamos cansos”, denuncia Montse.

– Como lle explicaría á sociedade a importancia do IEO?

Montse Pérez advirte de que as series históricas de algúns datos oceanográficos poden verse afectadas

– O IEO é un referente na evaluación de pesquerías, no estudo de poboacións mariñas, a avaliación e monitorización da contaminación e en acuicultura. A preservación e o coñecemento do medio mariño son de vital importancia por varias razóns, como a conservación dos recursos e para asegurar unha cantidade suficiente de proteínas de orixe mariña nunha alimentación sustentable, cando a poboación humana non deixa de crecer. As bases de datos e as coleccións de mostras son unha riqueza que non ten prezo. A sociedade ten que pensar que o IEO vela pola sostibilidade do medio mariño. Se non podemos traballar teremos espacios en branco nas series históricas de datos, as avaliacións veranse moi afectadas, e iso nunca se poderá recuperar.

– Como afecta a parálise ao seu traballo diario?

– No meu caso ós problemas están relacionados coa tardanza ou ausencia de respostas a cuestións que presentei para desenvolver proxectos. Isto está ralentizando a consecución dos obxectivos dos mesmos.

E por outra banda, a burocratización é moi excesiva, e vai a cargo dos investigadores. Isto ao final acáballe saíndo carísimo ao Estado, porque perdes un montón de tempo pedindo permisos para compras, facendo memorias, xustificando o ‘chocolate do loro’ porque na maioría dos casos o que precisas comprar está aprobado nunha convocatoria pública. Se o proxecto está aprobado e financiado, habería que asumir que a compra está xustificada, non si?

– E os afectados non están só no IEO; tamén son bolseiros, estudantes e colegas doutros organismos.

Montse Pérez, nos laboratorios do IEO de Vigo.

Montse Pérez, nos laboratorios do IEO de Vigo.

– Só no que a min respecta, hai varios casos. Había un rapaz que estaba facendo a tese baixo a miña dirección, exclusivamente, e tiña unha bolsa da Xunta por medio do Campus do Mar, pero facía toda a experimental no IEO; pois ben, non lle puiden pagar a inscripción a ningún congreso, nin as viaxes, aínda que iso estaba contemplado no presuposto do proxecto aprobado polo Ministerio. Na etapa máis importante da súa formación non puido nin asistir aos congresos, nin presentar os seus traballos e, o que é máis importante, discutilos con colegas do sector.

Outro dato anecdótico da parálise e a falta de persoal: o ano pasado solicitei permiso un mes antes de comezar para que dúas alumnas de dous másters da UVigo fixeran o seu traballo de fin de máster no IEO. Despois de moito insistir, tanto eu como a dirección do Oceanográfico de Vigo, recibín a resposta positiva cando unha delas xa rematara o seu traballo e á outra lle quedaba só un mes para rematar porque, segundo a súa versión, “se traspapelaran os documentos”. Tiveron que facer os seus traballos na UVigo, e tivemos que andar pedíndolle a outros colegas que lles fixeran un oco no seu laboratorio, levando os aparellos de aquí para alí, indo e vindo para nos reunir, etc.

– Hai un risco real para a súa carreira e a de moitos compañeiros?

– Creo que está en perigo a credibilidade da institución e a dos investigadores, co desprestixio que isto conleva. O que pode pasar, na miña opinión, é que pasemos de ser o socio co que todos querían colaborar a un socio que non pode resolver menudencias do día a día e que non pode cumplir os seus obxetivos de xeito fiable, en resumo un lastre para a consecución de obxectivos.

Nos proxectos nos que non se pode contratar persoal co tempo suficiente, os investigadores teñen que suplir as carencias do persoal que se consideraba necesario para cumplir obxectivos. O que agora está pasando é que estamos cansos.

Tamén podes ler:

Os recortes e a burocracia paralizan os oceanográficos

Unha resposta a ““Está en perigo a credibilidade do IEO e dos seus investigadores””

  1. Víctor Díaz del Río

    A la primera pregunta, Montse Pérez da una respuesta que retrata el Centro Oceanográfico de Vigo. Tengamos en cuenta que el IEO es mucho más y, además, es un referente en muchas más actividades cientificas. Sus nueve Centros Oceanográficos periféricos realizan funciones de excelencia en Ecología, Hábitats, Cambio Climático, Clima Oceánico, Teledetección, Areas Marinas Protegidas, Geología y Sedimentología, Modelización de Procesos, Riesgos Submarinos , etc. Por ello, es importante trasladar a la Sociedad la imagen de un Organismo que investiga en materias diversas y complejas que NO SOLAMENTE se vinculan a los Recursos Vivos Marinos, Contaminación o Mareas Rojas, que siendo importantes en Galicia y en Vigo no son todo lo que hay en el IEO aunque si es parte importante de lo que tenemos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.