Sábado 20 Abril 2024

Máximo histórico na temperatura do mar en Galicia: o prólogo de perigosos cambios

No mes de xuño, coincidindo cunha vaga de temperaturas extremadamente altas en Galicia, Portos do Estado informou de que a súa boia de Cabo Silleiro, pertencente a Rede de Boias de Augas Profundas, rexistrara un máximo histórico de temperatura da auga: 19,9ºC, representando un incremento de ata 1,25ºC respecto ao ano anterior. No resto da Península houbo valores igualmente significativos: máis de 27ºC en Tarragona, 23,5ºC en Bilbao-Vizcaya e 24,3ºC no Cabo de Gata. A subida xeral foi de entre 0,5 e 2,5 graos.

Desde a propia entidade estatal achacaban estes datos ao cambio climático. Pero, hai máis elementos a ter conta? Jesús Gago, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo, do IEO, explica que “na temperatura da auga inflúen moitos factores; non existe un só que o explique”. Nas variacións térmicas dos océanos concorre “unha dinámica complexa, con correntes, as ondas, o vento, etc.”. Con todo, Gago sinala que existe un aumento de temperaturas nos últimos tempos, do que xa alertaron no IEO hai catro anos nun estudo realizado na ría de Vigo. “Estes datos confirman os nosos resultados”, expón.

Publicidade

E como afecta isto a Galicia? O investigador galego explica que o cambio global – Gago prefire empregar este termo en vez de cambio climático – está facendo diminuír o fenómeno do afloramento nas nosas costas. “Debido aos fortes ventos do norte durante o período estival, a auga fría ascende desde os 100-200m de profundidade ata a superficie. Este é o motivo polo que a auga das nosas praias é máis fría no verán que a do Mediterráneo. Pero isto está cambiando tamén, polo que é de esperar que aumente a temperatura”.

Temperatura da rede de boias de augas profundas de Portos do Estado. Sinaladas en vermello, as da costa galega. Fonte: Portos do Estado.
Temperatura da rede de boias de augas profundas de Portos do Estado. Sinaladas en vermello, as da costa galega. Fonte: Portos do Estado.

Como consecuencia disto, Gago anticipa que se van ver “unha serie de cambios en cascada: acidificación, secas e a aparición de especies de augas máis cálidas”. A isto hai que engadir, como xa se está vendo nos últimos anos, “que os eventos extremos se intensifiquen”, polo que cabería agardar “unha maior mortalidade de todo tipo de organismos mariños, desde moluscos a crustáceos, debido a vagas de calor, como xa sucedeu en anos recentes coa poboación humana en Europa”, conclúe Jesús Gago.

 

8 COMENTÁRIOS

  1. Aceptando a cuestión da variación climática acelerada pola actividade humana, (con toda a complexidade que representa esa afirmación, creo que niso estaremos de acordo sen medo a chamar a ninguén negacionista nen nada) , penso que inda sendo así, chamar a iso como algo artificial e como decir que os seres humanos non teñen dereito a modificar o se entorno e adicarse a vagar pola terra esperando a sua extinción. Se o ser humano se desenrola, e para iso utiliza o seu medio, transformandoo, i é tan lexitimo coma se os antílopes comen as follas ou o tiburón come as focas. E una cuestión filosófica que o home sobreviva e lexitimo, coma caí cualquer otra especie os feitos o demostran. Parece que se ahora hay 6000 millones de persoas iso e malo. A alteración antropoxenica non e mais cada otra alteración climática. Non vexo a diferencia cas demás. (salvo claro, que a ocasione un meteoro…)

  2. ¿Fai 15.000 anos que empezóu a subir a temperatura?, pero ¿a qué ritmo? se fose o ritmo de agora estaríamos todos fervidos dende hai tempo, vaia nin ti nin eu estariamos aqui.. Se fose a 1 grao/ano, estarían agora a 15.000 graos… simplificando. Fálase do cambio climático porque nos derradeiros anos estas subas de temperatura son moi destacadas cada ano. Eso é o alarmante. Que o clima en xeral vai mudando eso xa se sabe, o planeta está vivo e muda cicais ciclicamente, mais en periodos longos de tempo, pero a esta velocidade é unha novidade, mais si se teñen en conta unha parte dos motivos: a man do home.

  3. ¿Alguén me pode explicar que é o que se entende de acidificación das augas dos océanos?, ¿Cantos puntos variaría o pH das augas mariñas?. Falar destes feitos sen cuantificalos pode ser unha frivolidade.
    En canto ao Cambio Climático non sei porque existe esta teima. Hai 15000 anos renmatou a última glaciación. Dende aquela data o nivel do mar non parou de subir, os xelos dos polos e glaciares de derretirse e a temperatura da superficie da Terra de subir. ¿Qué é esto do Cambio climático como se fora unha novidade?. Hai 15.000 anos que está a producirse cambio climático. Por favor mudade de ladaiña que esta xe aburre

    • Hai 15.000 anos rematou a última glaciación, dende aquela o nivel do mar non parou de subir, pero subiu a un ritmo concreto dun xeito concreto. Agora xa non, os patróns cambiaron de forma artificial. Se subía p exemplo a un ritmo de 1cm cada cen anos, agora sube 1cm cada dez.

      Cambio climático é cando os patróns naturais de variación do clima se ven alterados, e ese ritmo natural empezou a cambiar dende a revolución industrial.

      Entón si, a terra sufre de forma natural cambios climáticos, os mais destacables son as glaciacións, pero agora este cambio estámolo inducindo nós de forma artificial.

    • Non é tan sinxelo. Juan Ramón, esa explicación é tan simplista que carece de sentido e só se pode ver en foros negacionistas. O nivel do mar non aumenta igual en toda a superficie, nin as secas, nin a chuvia, nin o pH dos océanos. O que cambia é toda a dinámica existente e a un ritmo moi acelerado (ese é o problema, non temos capacidade de adaptación, nin nós como sociedade nin moitas especies que estás sustentando o noso modo de vida) O clima é unha interacción de múltiples sistemas, a atmosfera, os océanos, a biosfera, os ciclos de actividade solar, xeolóxica… é moito máis complicado, nalgúns sitios pode chover máis, noutros menos, predicilo con exactitude sería como predecir a bolsa, non é posible nin cos ordenadores máis potentes. Pódense facer modelos, simulacións, a base de ir engadindo variables e sumando coñecemento, pero ningún vai dar un 100% de certeza, o que si parece claro e que camiñamos hacia un futuro con eventos máis extremos. E non, non existe cambio climático dende fai 15.000 anos, de donde sacas iso? o clima é un sistema dinámico que evoluciona dende sempre, dende que a Terra é Terra. Sempre está cambiando, o termo cambio climático fai referencia a un factor antropoxénico que está alterando esa variación existente.

    • Si, o planeta está a quentarse dende a última glaciación, iso non é novidade. A problemática do cambio climático que estamos a experimentar actualmente vén de que o aumento da temperatura global é moito máis rápido do esperado só por efectos naturais. Se non es capaz de ver que ter agora o clima que deberiamos ter dentro de 100 anos non é unha teima, senón un problema ben grande, apaga e vámonos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204