Sábado 20 Abril 2024

Zarpa de Vigo unha nova campaña sobre contaminación no Atlántico

Hoxe da comezo a campaña SECON 16, cuxo obxectivo é a toma de mostras de sedimentos na plataforma noratlántica española. 10 científicos e técnicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) liderarán esta campaña a bordo do buque Ramón Margalef que partirá de Vigo e terá unha duración de 12 días.

Durante a campaña tomaranse mostras de sedimentos superficiais en máis de 75 estacións situadas ao longo de transectos perpendiculares á costa chegando a estacións a máis de 500 m de profundidade. O obxectivo da mostraxe é a posterior avaliación do contido en contaminantes e microplásticos nos sedimentos, así como estudo dos posibles efectos biolóxicos asociados á contaminación presente nos devanditos sedimentos.

Publicidade

Tomarán mostras de sedimentos superficiais en máis de 75 estacións

Esta campaña realízase con periodicidade quinquenal e os datos que se obteñan como consecuencia da análise dos sedimentos desta campaña serán usados para a avaliación nacional e internacional do estado do medio mariño na rexión noratlántica en foros tales como a comisión OSPAR ou a Directiva Marco de Estratexias Mariñas.

O Instituto Español de Oceanografía (IEO), é un organismo público de investigación (OPI), dependente da Secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, dedicado á investigación en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecemento científico dos océanos, a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e o medio ambiente mariño. O IEO representa a España na maioría dos foros científicos e tecnolóxicos internacionais relacionados co mar e os seus recursos. Conta con nove centros oceanográficos costeiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia

Un equipo galego usará IA para detectar contaminantes nas augas termais

Investigadores da UVigo lideran o proxecto Aquapred que predicirá a posibilidade de aparición de bacterias como a lexionela e a E. coli