A vicerreitora Isabel Rodríguez-Moldes e o profesor Paulino Martínez, coordinador de Inmunogenom. Foto: USC.

A vicerreitora Isabel Rodríguez-Moldes e o profesor Paulino Martínez, coordinador de Inmunogenom. Foto: USC.

A USC crea Inmunogenom, unha rede para mellorar a sustentabilidade da acuicultura

O proxecto, no que participan unha decena de grupos, busca unha maior transferencia de coñecementos entre a investigación pública e a industria

O Instituto de Acuicultura da USC acolleu o pasado venres a presentación da Rede de Investigación e Transferencia en Acuicultura (Inmunogenom) que coordina o profesor Paulino Martínez e que está conformado por unha decena de grupos da universidade. Inmunogenom pretende favorecer o intercambio de coñecementos entre a investigación pública e o sector produtivo así como promocionar o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á mellora e sustentabilidade da produción acuícola.

A xornada abrírona a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, e o profesor Paulino Martínez, tras quen interveu Antonio Villalba, do Centro de Investigacións Mariñas CIMA, para presentar os seus traballos sobre a transmisión horizontal de cancro de berberecho.

A sesión continuou cun debate sobre os retos da acuicultura e a relación entre ciencia, industria e administración, e unha sesión de presentación das capacidades dos distintos grupos de investigación que integrarán Inmunogenom: Matbioinfo (Matemática aplicada e bioinformática), Acuigen (Xenética para a acuicultura e a conservación de recursos biolóxicos), Gapavet (Anatomía patolóxica veterinaria), Paraquasil (Inmunobioloxía e parasitoloxía de peixes), Ditaprein (Diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades infecciosas) e GPM-CIMA (Grupo de patoloxía en moluscos).

Forman parte tamén de Inmugenom o grupo GIPA (Investigacións de patoloxía en acuicultura) e os do propio Instituto de Acuicultura da USC, Acuibiomol (Bioloxía molecular e do desenvolvemento en acuicultura) e Aquabiotec (Acuicultura e biotecnoloxía).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.