Venres 29 Marzo 2024

O IEO zarpa desde Vigo cara a unha campaña de investigación en Terranova

O buque Vizconde de Eza, pertencente á Secretaría Xeral de Pesca, zarpou este luns do porto de Vigo cara ao Gran Banco de Terranova para realizar unha campaña de investigación do Instituto Español de Oceanografía (IEO) sobre a situación de varias especies pesqueiras nesta zona.

A expedición, formada por cinco investigadores do IEO, sete observadores científicos e dous estudantes, amais de 21 tripulantes, levará a cabo varios proxectos durante estes tres meses as investigacións Platuxa, Flemish Cap e Fletán Negro 3L.

Publicidade

Estas campañas de prospección son, segundo sinalan desde o IEO, o primeiro paso dun largo proceso que involucra a numerosos profesionais e que ten como obxectivo a consecución dunha pesca sostible. Durante as investigacións, os científicos recollen a información precisa para obter información demográfica das poboacións de especial interese para a pesca galega e española, como o bacallau, o fletán negro, o camarón, o mendo ou a raia, entre outras.

Para levar a cabo o traballo, os científicos realizarán quendas de pesca nas que recollerán datos das especies capturadas. Nesta ocasión tamén se recollerán mostras do contido estomacal das especies para afondar na investigacións das relacións tróficas na cola do Gran Banco. Do mesmo xeito, levarase a cabo unha mostraxe de microbiota nos peixes de augas profundas, capturados a máis de 1000 metros de profundidade, para illar diferentes cepas bacterianas e secuenciar o seu ADN.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia

h

Un equipo galego revisa a literatura científica sobre estes eventos dende comezos do século XX ata a data

Un equipo de Vigo estuda como mellorar a pesca de arrastre para protexer os cetáceos

O IEO está probando dispositivos para reducir os descartes e evitar a captura accidental de especies protexidas

A temperatura da ría de Vigo foi estable ata 2020: estamos ante un cambio brusco de ciclo?

Un equipo do IEO recoñece que está sendo un "verán atípico" e con valores moi altos nas Rías Baixas, pese á tendencia dos últimos 30 anos