O buque do IEO partíu hoxe do porto de Vigo Foto: IEO

O buque do IEO partíu hoxe do porto de Vigo Foto: IEO

O IEO analiza a contaminación por microplásticos nas augas galegas

O buque Ramón Margalef navegará durante oito días polo litoral atlántico e cantábrico

Investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO) comezan unha campaña oceanográfica a bordo do buque Ramón Margalef. O que se pretende é avaliar a contaminación por microplásticos, tanto na auga como nos sedimentos das costas de Galicia e Cantabria.

Durante oito días, os científicos estudarán a distribución espacial e temporal dos microplásticos e os seus contaminates asociados e avaliarán a efectividade da mostraxe de diferentes redes para o estudo destes contaminantes emerxentes. Tras saír do porto de Vigo, o buque percorrerá parte do litoral atlántico e cantábrico, realizando mostraxes nas augas superficiais e sedimentos entre 50 e 200 metros.

 

A campaña enmárcase no proxecto europeo Baseman (Establecemento de protocolos e referencias para a análise de microplásticos en augas europeas), no que participan 26 institucións de 14 países, e que se divide en cinco paquetes de traballo, un dos cales, o de mostraxes, está liderado por Jesús Gago, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO. O proxecto Baseman está financiado pola convocatoria JPI-Oceans e coordinado polo centro de investigación alemá  Alfred Wegener Institute Helmholtz Centre for Polar and Marine Research (AWI). O obxectivo da iniciativa é establecer unha metodoloxía estandarizada para a identificación e cuantificación da contaminación por microplásticos nos océanos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.