Venres 29 Marzo 2024

Unha ferramenta prognostica as flutuacións anuais de sardiña

Científicos da Universidade de Oviedo desenvolveron unha nova ferramenta que permite analizar os cambios na abundancia de pequenas especies de peixe azul e mellorar así o deseño das campañas de pesca. O modelo, predí en que medida variarán as flutuacións das poboacións de especies como o bocarte ou anchoa europea, o arenque, ou a sardiña dunha tempada de pesca a outra.

A investigación, publicada na revista Ecological Applications, centrouse no estudo da pesqueira de bocarte (Engraulis encrasicolus) no Golfo de Biscaia, que sufriu un colapso poboacional no ano 2005 que supuxo o peche da pesqueira ata 2010. Nas súas conclusións, revela que a interacción entre a explotación pesqueira e os factores medioambientais foron os detonantes deste colapso.

Publicidade

“O impacto da pesca xera probabilidades de colapso elevadas”

O estudo, que forma parte da tese doutoral de Fernando G. Taboada e no que participa tamén o catedrático de Ecoloxía Ricardo Anadón e enmárcase dentro das actividades do Observatorio Mariño de Asturias, xurdiu da necesidade de responder a unha pregunta: Podemos discriminar os mecanismos que levaron ao colapso da poboación de bocarte?

Con este propósito, os científicos analizaron a importancia de tres factores fundamentais: ambiente abiótico (cambios na temperatura, os afloramentos costeiros e oceánicos, barreiras de dispersión, descarga de ríos, turbulencias), ambiente biótico (especies depredadoras como a pescada, a caballa, o bonito do norte ou o lirio e competidoras  como a sardiña e o chicharro) e a explotación pesqueira.

Ricardo Anadón explica que para deseñar este novo modelo predictivo manexáronse datos detallados da poboación de anchoas e da caracterización dos cambios experimentados no medio ambiente grazas ao uso de sistemas de teledetección por satélite durante os últimos 20 anos.

“As flutuacións ambientais, de forma illada, apenas explican o colapso do bocarte -comenta Anadón-. Só a inclusión do impacto da pesca xera probabilidades de colapso elevadas”. A análise máis extensa realizado polos investigadores pon de manifesto a eficacia de modelos predictivos para anticipar a evolución da especie.

Os peixes peláxicos representan un recurso esencial no Cantábrico

“Abrimos, en definitiva, un novo método para explorar as flutuacións das poboacións silvestres explotadas pola pesca”, engade o científico. Esta nova ferramenta será de utilidade para planificar as campañas de captura de cada tempada.

As pequenas especies de peixes peláxicos, como sardiñas, bocartes ou arenques, representan un dos recursos naturais explotados máis importantes de todos os océanos. Na costa do norte de España, tanto os bocartes como as sardiñas foron obxecto de actividade pesqueira desde a antigüidade e constituíron un recurso económico non só polo valor da venda da materia prima, senón tamén pola súa transformación en conserva.

Podes consultar o estudo completo
na revista Ecological Applications

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas