Venres 19 Abril 2024

Un estudo da USC revela o baixo coñecemento da cultura mariña no mundo

Os servizos culturais mariños e costeiros (SEC), no que se reflicten as interaccións físicas e cognitivas das persoas coa natureza, segue a ser unha área descoñecida. Todo o contrario sucede cos servizos e beneficios dos océanos, que proporcionan unha fonte de alimento para o consumo humano fundamental e que ven sendo estudada desde hai décadas polas comunidades científicas

Ante esta eiva científica, membros do Grupo de Investigación AEMI e do Working Group of Resilience and Marine Ecosystem Services, o estudante de doutoramento da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC e investigador do Campus do Mar, Joao García-Rodrigues, e o profesor da USC, Sebastian Villasante, estudaron o estado do coñecemento dos SEC para identificar os baleiros e exploraron as prioridades de investigación e da axenda dos gobernos.

Publicidade

O estudo foi publicado na revista One Ecosystem

Os resultados da investigación indican que os coñecemento do SEC é escaso comparado con outros tipos de servizos ecosistémicos, e as poucas investigacións localízanse sobre todo en Europa e Norte América. “Este sesgo pode infravalorar as interaccións socio-ecolóxicas existentes noutras latitudes que estean a desenvolver mecanismos de salvagarda das prácticas culturais e a xestión do medio mariño-costeiro”, advirten os investigadores.

O equipo tamén constatou que a meirande parte dos estudos sobre SEC carecen de avaliacións cuantitativas e cualitativas “de aí a necesidade de desenvolver metodoloxías e indicadores cos que poder valorar a súa importancia para a sociedade”. Eses baleiros refírense á ausencia de avaliacións integradas, o vínculo dos SEC co benestar das persoas nas zonas costeiras, o papel do mar aberto e as augas profundas na provisión do SEC ou o rol do capital non natural na co produción de SEC. “Abordar de forma satisfactoria eses baleiros permitirá coñecer con maior precisión as interaccións entre os seres humanos e os ecosistemas mariños, coa perspectiva de que os SEC sexan incluídos no deseño das políticas públicas dos gobernos”, conclúen.

O traballo científico, no que interveu un grupo multidisciplinar de especialistas en servizos ecosistémicos de diversos países (Alemaña, Arxentina, Canadá, Noruega e USA, entre outros) foi publicado recentemente na revista de acceso aberto One Ecosystem.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'