O eurylepodes galikias, a nova especie de verme.

O eurylepodes galikias, a nova especie de verme.

Descuberta na ría de Arousa unha especie descoñecida de verme plano

A revista científica Zookeys publica o achado desta criatura de 3 centímetros e unha forte cor amarela

Un novo verme plano, de 3 centímetros de lonxitude, e unha forte cor amarela foi descuberto na ría de Arousa polo Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM), un colectivo que reúne biólogos, ecólogos e apaixonados do mar que practican o mergullo e realizan campañas científicas na costa galega. O novo verme, bautizado co nome de eurylepodes galikias, apareceu en augas do club náutico de Ribeira e o achado foi publicado nun artigo na revista Zookeys.

A nova especie é unha planaria que non se coñecía ata agora e foi descrito por primeira vez no traballo publicado pola revista de divulgación científica. Este traballo é o primeiro dunha serie que están a ser elaborados en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid, que darán a coñecer novos datos doutras especies pertencentes a este grupo taxonómico, en xeral bastante descoñecido.

A nova especie foi bautizada como eurylepodes galikias

O GEMM destaca a biodiversidade existente nas augas galegas e considera, nun comunicado, que hai incontables “especies novas aínda por descubrir, como neste caso”, ó tempo que salientan a necesidade de coidar o medio mariño para preservar legado biolóxico.

O colectivo GEMM fai aportacións científicas, como este descubrimento, en colaboración con diversas institucións, aproveitando os seus coñecementos do mar en combinación pola súa paixón polo mergullo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.