tg_carrusel_central

Cumio científico no Grove no Foro dos Recursos e da Acuicultura das Rías Galegas

O Grove acolle esta reunión na que se presentarán novedades en marisqueo e acuicultura

A decimo­novena edición do Foro dos Recursos e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) terá lugar os días 6 e 7 de outubro no Hotel Eurostars da Illa da Toxa (O Grove). O obxetivo do ForoAcui que se ven celebra ao abeiro da Festa do Marisco é crear un espazo de encontro e debate para estudantes, profesionais, investigadores e persoal da administración relacionados coa acuicultura.

Presentación do foro.

Presentación do foro.

O programa deste edición aborda diferentes temáticas desta ampla industria que foron seleccionados pola súa actualidade, crecente interés público e polo súa innovación. As diferentes intervencións repártense dúas xornadas onde os participantes ademáis de asistir ás diferentes charlas terán a oportunidade de plantexar as súa opinión e incluso de sumar ao Foro a súa propia comunicación en formato poster.

Durante a primeria xornada celebraranse tres mesas de traballo “Marisqueo e pesca de baixura”, “Acuicultura” e “Empresas e recursos”. A mesa do marisqueo quere achegar unha revision etnográfica experta da evolución das técnicas de marisqueo, nas fortalezas e debilidades na cadea de producción e a comercialización nas lonxas galegas e coñeceremos parte do impacto nos recursos do cambio climático. Máis tarde, o mundo empresarial e a súa experiencia en novas liñas de traballo ocuparán as mesas de “Acuicultura” e “Empresas e recursos” que van desde a aplicación de biomoléculas marinas en diferentes áreas da saúde a proxectos de acuicultura ecolóxica no Parque Nacional de Doñana xunto con experiencias exitosas no cultivo de atún vermello ou de referencia como o cultivo do langostino en Valladolid.

A segunda xornada será un monográfico patrocinado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia sobre os “Novos recursos marisqueiros: plans de explotación experimental e comercialización”, entre eles, anémonas, poliquetos, lapas, holoturias, canaíllas, orella de mar ou ourizos. Varios xestores públicos e de empresa aportarán a súa vision sobre estas novas oportunidades para a industria durante as primeiras horas. Un showcooking realizado polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e Javier Olleros do restaurante Culler de Pau presentará diferentes exemplos de alta restauración con estos recursos menos coñecidos pero de gran calidade e con moito potencial.

O prazo de inscripción para asistir ao Foroacui tanto en calidade de asistente ou aportando un poster estará aberto ata o día 5 de Outubro con cuotas especiais para estudantes e persoal das Confrarías.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.