Vista da enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo.

Vista da enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo.

O CSIC investigará na ría de Vigo a acidifiación das augas oceánicas

O IIM participa no proxecto europeo Subacid, que estudará o impacto das augas subterráneas na costa atlántica

A acidificación dos oceános causada pola emisión de compostos, principalmente CO2, procedente da actividade humana, é unha importante preocupación para os científicos polo seu posible impacto nos ecosistemas mariños. O CSIC, a través do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, investigará este fenómeno no proxecto Subacid, acrónimo de “Impacto da descarga de augas subterráneas nos procesos de acidificación oceánica das costas atlánticas europeas: cara a sostibilidade dos servicios ecosistémicos e da produción acuícola”.

Os traballos levaranse a cabo, en parte, na ría de Vigo, que foi escollida debido á “importancia ambiental, social e económica do marisqueo e o cultivo de bivalvos na zona e, por tanto, o elevado impacto potencial dos procesos de acidificación oceánica na economía local”, segundo subliñan os investigadores.

Os resultados obtidos na ría galega utilizaranse, xunto aos obtidos en Irlanda, para comprender a importancia das descargas nas costas europeas e na sostibilidade de recursos. Nas zonas costeiras, a interacción continente-atmosfera-océano pode tanto mitigar como potenciar a acidificación oceánica asociada á disolución nas augas mariñas do CO2 emitido á atmosfera pola queima de combustibles fósiles. Este proceso está acontecendo en todos os océanos, afectando particularmente aos organismos calcificantes como os corais, algas coralinas e moluscos”, explican os investigadores.

O proxecto, que se acaba de iniciar e se vai desenvolver ata 2020, está coordinado polo Trinity College de Dublín. O laboratorio de Xeoquímica Orgánica do IIM, coa colaboración da asociación Amigos da Terra, estudará os efectos das descargas costeiras de augas subterráneas na acidificación das rexións costeiras atlánticas. Así, cuantificarase esta fonte difusa de auga e avaliarase o impacto na composición química das augas costeiras superficiais.

3 respostas a “O CSIC investigará na ría de Vigo a acidifiación das augas oceánicas”

  1. Moitas grazas pola sua resposta evidentemente a auga contida no sistema poroso dos sedimentos na ría é auga salgada non doce. Só a auga contidano corpo sedimentario mariño que fique ao descoberto entre mrea alta e marea baixa podería ser movilizada. A auga contida no corpo sedimatario permanentemente submerxida non se debería mover, na miña opinión. Pode haber tamén algúns freáticos menores de auga doce que desaguen na ría entre marea alta y marea baixa. Pero penso que será moito mais importante a auga doos rios que calquera outra masa de auga. En fin, que teñan moita sorte co seu traballo.Saúdos Severino

  2. En primer lugar en Galicia, y aun mas en la Ría de Vigo, no hay aguas subterráneas que viertan al mar, a no ser que se consideren como aguas subterráneas los rios o los emisores submarinos de la red de pluviales y alcantarillado. . Recomendamos al Dr. Severiano Pino asesorarse del tema en el Departamento de Geología de la Universidad de Vigo . El principal problema del cultivo de bivalvos en las rías y costa gallega está en que los rios que confluyen en ellas en épocas de gran pluviosidad y/o en el caso de desembalses masivos realizados por las empresas hidroeléctricas producen en los fondos de las rías aportes brutales de agua dulce que cambian las condiciones de salinidad bruscamente lo que ocasiona la mortandad de los moluscos. Entre ese efecto y el de las mareas rojas la acuicultura gallega sobrevive como puede. Nada que ver con el CO2, con el cambio climático y con el calentamiento global.

    • Severino Ibánhez

      Gracias polo comentario Juan Ramón, e desculpas por non telo visto antes. Gustaríame facer algunhas puntualizacións ao teu comentario:
      En primeiro lugar, utilizamos o concepto de descargas de augas subterraneas como equivalente ao do inglés Submarine Groundwater Discharge (SGD), que se refere a calquer fluxo de auga do sedimento cara a auga mariña adxacente, sen discriminar por composición. Desta maneira, a recirculación de auga de mar polos sedimentos permeables (que ocupan unha elevada extensión dos fondos da Ría), causada pola oscilación da marea, as ondas e da interacción das correntes coa topografía de fondo, entra na definición coa que traballamos. Esta é unha importante aclaración, pois desde este punto de vista, SGD está garantizado que ocorra na Ría de Vigo.
      Por outro lado, discrepo tamén do seu comentario sobre a inexistencia da descarga de augas subterraneas continentais na Ría de Vigo, polo de agora só baseado en observacións, e que espero apoiar con datos no transcurso do proxecto. Incerto si é polo de agora cal será o impacto deste fenómeno na bioxeoquímica da Ría (entendido no senso máis amplo da SGD), sobre todo na dinámica do seu sistema carbonato en relación aos procesos globais de acidificación oceánica. Aqui tamén, esperamos respostar a estas incertezas no transcurso do proxecto. Un saudo

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.