Martes 19 Marzo 2024

Científicos de Vigo encabezan un proxecto para a cría da cherna en catividade

Investigadores do IEO adscritos ao Centro Oceanográfico de Vigo veñen de presentar unha serie de avances no estudo do cultivo da cherna (Polyprion americanus), un peixe de alto valor comercial e que actualmente está sometido a unha gran presión pesqueira.

A investigación, liderada polo centro vigués e na que tamén participan a Consellería do Mar e o Aquarium Finisterrae da Coruña, forma parte do proxecto europeo Diversify, de cinco anos de duración. Esta iniciativa pretende desenvolver novos sistemas de cultivo e métodos de procesado e márketing para seis novas especies acuícolas. Dentro delas está a cherna, semellante ao mero, que acada un peso de 100 quilos, vive en augas profundas de case todo o planeta e se caracteriza polo seu rápido crecemento.

Publicidade

Non en tanto, a presión pesqueira que padece, tanto a nivel profesional como deportivo, levou a incluír a súa poboación europea na lista vermella de especies ameazadas, polo que cómpre tomar medidas para garantir a súa supervivencia.

Ata o de agora, os científicos conseguiron describir o seu ciclo reprodutivo e desenvolveron protocolos de indución hormonal de desove e procedementos de fecundación in vitro. Amais, formuláronse dietas para reprodutores e larvas e elaboraron un estudo de mercado sobre o potencial da especie a curto e longo prazo.

Blanca Álvarez Blázquez, investigadora do IEO en Vigo, sinala que “os resultados obtidos son esperanzadores, e as posibilidades de cultivo da especie son boas”.

En Diversify, dotado con preto de 12 millóns de euros, participan 38 socios de 12 países, entre os que se atopan pemes, multinacionais e organismos de investigación e universidades da UE.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cal é o alimento que desencadea o pracer nos peixes?

Coñecer os mecanismos de motivación pola comida podería mellorar a eficiencia económica das empresas dedicadas á acuicultura

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

O CIM participa na creación dunha rede europea de infraestruturas de investigación

O obxectivo é mellorar os servizos en acuicultura, pesca e economía azul das institucións que forman o consorcio

Un equipo identifica na ría de Vigo patóxenos cun impacto “crucial” para a acuicultura e a biodiversidade mariña

Os investigadores atoparon bacterias, organismos eucariotas, especies invasoras e os cambios estacionais de abundancia