Directores do centro en diferentes etapas asistiron á celebración. Foto: IEO.

Directores do centro en diferentes etapas asistiron á celebración. Foto: IEO.

O Centro Oceanográfico de Vigo celebrou o acto oficial do seu centenario

O auditorio de Afundación acolleu unha emotiva gala á que asistiron autoridades de todas as Administracións e os traballadores do centro

O Centro Oceanográfico de Vigo celebrou onte de forma oficial o seu centenario. Foi nun acto que tivo lugar no auditorio da sede de Afundación. A celebración estivo conducida pola investigadora do centro Isabel García Alarcón, que deu a benvida ás autoridades e agradeceu o apoio institucional recibido ao longo de todo o ano. Entre outros recoñecementos, o centro recibiu neste 2017 a Medalla de Ouro da cidade de Vigo e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.

Autoridades asistentes á celebración do centenario. Foto: IEO.

Autoridades asistentes á celebración do centenario. Foto: IEO.

“Foi un ano moi intenso, de moito traballo, pero estamos a gozalo de verdade”, sinalou Isabel García, en referencia ás numerosas actividades de divulgación que realizou o organismo para achegar o seu traballo á sociedade viguesa e galega. A continuación presentouse o vídeo institucional do centro, por parte da directora, María Victoria Besada Montenegro. Besada declarou sentirse “moi orgullosa de representar a un centro que acumula 100 anos de traballo realizado por moitas xeracións de investigadores e técnicos de todas as disciplinas relacionadas co medio mariño”.

Sobre os galardóns recibidos este ano, Victoria Besada dixo que “provocaron unha enorme satisfacción a todo o persoal, e reflicten a posta en valor do servizo do Instituto Español de Oceanografía á sociedade”

Falou tamén o director do Instituto Español de Oceanografía, Eduardo Balguerías Guerra, que que destacou a gran importancia que tivo o Centro Oceanográfico para Vigo desde a súa inauguración o 2 de setembro de 1917. “Un exemplo de traballo vocacional e dunha gran constancia”.

Interviron tamén Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, a secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. O acto finalizou cunha actuación musical e un cóctel para todos os asistentes.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.