O carallo de mar é moi aprezado en alta cociña, en especial en Asia.

O carallo de mar é moi aprezado en alta cociña, en especial en Asia.

Cangas explotará o ‘carallo de mar’

Pesca autoriza a captura deste verme oceánico, familiar das estrelas de mar, que se usa en produtos delicatessen

O ‘carallo de mar’ xa pode chegar ás mesas de Galicia. A Xunta ven de autorizar a captura e explotación comercial deste verme oceánico, emparentado coas estrelas de mar, que ten importantes usos en alta cociña e resulta moi aprezado especialmente nos mercados de Oriente. O ‘carallo de mar’ é a gran novidade da nova campaña de Pesca e Marisqueo aprobada o pasado 31 de decembro pola Consellería de Pesca. A autorización de explotar a ‘Holothuria forskali‘, que é o seu nome científico, xorde ante a incipiente demanda comercial. Esta especie enmárcase dentro do grupo dos equinodermos e está presente nas augas do litoral galego. Na explotación deste novo recurso participarán 7 embarcacións da confraría de pescadores de Cangas.

70 países do mundo capturan o carallo de mar para produtos delicatessen

A Holothuria forskali é unha das 47 especies de holoturias que se coñecen en Galicia desde a zona litoral ata os 3.000 metros de profundidade. Captúrase e comercialízase en máis de 70 países de todo o mundo e é explotada pola pesca industrial, semi-industrial e artesanal nas rexións polares, temperadas e zonas tropicais. As holoturias comercialízanse evisceradas, fervidas, salgadas e secadas. Tamén é habitual o seu consumo en cru ou en diversas preparacións culinarias e o procesado dalgunhas das súas partes para a elaboración de produtos delicatessen.

3 respostas a “Cangas explotará o ‘carallo de mar’”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.