Inés Rodríguez Filgueiras traballou en novos procesos de detección de toxinas mariñas

Inés Rodríguez Filgueiras traballou en novos procesos de detección de toxinas mariñas.

O Campus Terra da USC desenvolve novos métodos de detección de toxinas mariñas

Inés Rodríguez Filgueiras achega metodoloxías que permiten identificar a presenza de biotoxinas en diversas mostras

A investigación de doutoramento de Inés Rodríguez Filgueiras achega novos métodos de detección para toxinas mariñas e de auga doce. Foi presentada na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC. O traballo, que leva por título “Estudo do perfil analítico de toxinas mariñas e de auga doce” contribúe á optimización de metodoloxías xa existentes para mellorar os niveis de detección e cuantificación deste tipo de toxinas.

O proxecto µAQUA e Ciguatools e o Sintox

O SinTox, unha iniciativa de I+D onde colaboran cinco empresas galegas

A investigadora realizou a tese coa axuda dunha bolsa de Formación de Persoal Investigador (FPI). O traballo desenvolveuse no marco de dous proxectos europeos. Un deles é o µAQUA e Ciguatools, dependente dun programa do Ministerio de Economía e Competitividade. Outro é o SinTox, unha iniciativa de I+D onde tamén participan cinco empresas galegas interesadas nos sistemas de alerta temperá e detoxificación eficientes, económicos e sen efectos medioambientais nocivos.

A incremento das biotoxinas nos alimentos motivou a investigación. É un problema de saúde pública en todo o mundo e require métodos de detección sensibles, fiables e rápidos. Con eles, evitaríanse intoxicacións e minimizaríanse riscos. O cometido deste traballo prioriza o desenvolvemento de novos métodos de detección de biotoxinas. Faino mediante a cromatografía líquida axustada á detección por espectometría de masas.

Os resultados do estudo

Os obxectivos destas pescudas son semellantes aos do proxecto µAQUA: monitorizar a presenza de contaminantes na auga recollida en sete países europeos. Ademais, neste estudo tamén se analizaron mostras procedentes de diferentes localizacións europeas. As conclusións mostraron que a maioría das mostras recollidas contiñan dous análogos da anatoxina-a.

No proxecto do Ministerio de Economía e Competitividade tamén se analizaron mostras procedentes de tres localizacións europeas e de Marrocos. Este estudo centrouse, entre outros, na caracterización dos riscos que o Regulamento Europeo 15/2011 xera no consumidor. Para isto, empregouse coma mostra o mexillón. Avaliouse o efecto do procesado, a nivel industrial e doméstico, sobre as toxinas diarreicas e os seus derivados. Así, observouse que o proceso de cocción da mostra non afecta á súa toxicidade total.

A UE só establece que non poden chegar ao mercado produtos que conteñan ciguatoxinas

Alén das toxinas reguladas, están as toxinas emerxentes. Estudáronse as ciguatoxinas e a tetrodotoxina. Estas últimas atopáronse por primeira vez en estrelas de mar procedentes de AzoresMadeira. Sobre estas toxinas non existe regulación. A UE só establece que non poden chegar ao mercado produtos que conteñan ciguatoxinas. Hoxe non hai ningún método de detección establecido.

A tese de Rodríguez Filgueiras abordou o problema da obtención de analíticos de ciguatoxina mediante Gambierdiscus como organismo produtos. Do Gambierdicus illouse un composto denominado Gambierona cunha actividade menos potente que a da ciguatoxina. A tetrodotoxina, pertencente a outro grupo de toxinas mariñas emerxentes en Europa, tamén carece de regulación específica en moluscos bivalvos. A única restrición é que non poden chegar ao mercado peixes vencellados á esta toxina. Estes avances posibilitaron desenvolver un método de detección simultánea de toxinas mariñas hidrofílicas (saxitoxinas, tetrodotoxinas e ácido domoico) e lipofílicas con límites de cuantificación para estas toxinas inferiores aos límites legais permitidos pola UE.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.