Sábado 20 Abril 2024

Unha bióloga da USC, bolseira de dúas prestixiosas institucións internacionais

A investigadora da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC María del Carmen Cobo acaba de obter dúas bolsas de concorrencia competitiva para a realización de estadías internacionais de investigación. A doutora Cobo obtivo a bolsa do programa Fullbright ‘Ruth Lee Kennedy’, promovida polo Instituto Internacional e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América, e a ‘Early career Research Grant’ da Sociedade Malacolóxica de Londres.

A primeira das axudas destínase a doutores/as que queren investigar en centros de ensinanza superior nos Estados Unidos de América, mentres que a segunda outórgase a investigadores internacionais sen cargos profesionais para apoiar a publicación da investigación sobre moluscos.

Publicidade

Mª del Carmen Cobo realizará a súa estadía no departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade de Alabama-Tuscaloosa e no Museo de Historia Natural de Alabama. Nel estúdase a sistemática e xenómica evolutiva dos invertebrados mariños utilizando secuenciación de alto rendemento e ferramentas bioinformáticas baixo a dirección do doutor Kevin Kocot. A doutora Cobo participará nun proxecto que inclúe o estudo filoxenético dos moluscos aplacóforos, baseado en datos moleculares e abordará o estudo taxonómico e afondará nas técnicas de obtención do DNA barcoding contribuíndo a crear unha ampla biblioteca con secuencias moleculares de Solenogastros e Caudofoveados.

No 2017, Cobo presentou a súa tese de doutoramento, na que describiu por primeira vez para a ciencia 12 especies de moluscos abisais en augas do Pacífico Sur.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un Nadal sen marisco?: “Desaparece moito máis rápido do que pensamos”

O sector reservou zonas para extraer moluscos e salvar a campaña nun contexto no que a produción vive as súas horas máis baixas

Cona de vella, teta do mar, pixa porca… Os mil nomes do misterioso animal das praias de Arousa

A lebre de mar é un molusco típico do litoral galego que pode aparecer varado, polo que é necesario recollelo e devolvelo ao mar

Os investigadores dubidan sobre as causas da morte masiva de navallas na Lanzada

A Consellería do Mar e o Intecmar estudan se o quecemento das augas é un dos motivos do suceso acontecido este martes

Criaturas fantásticas e onde atopalas: así son as lesmas de mar en Galicia

Un grupo de científicos galegos vén de publicar un libro que analiza 120 nudibranquios tras 10 anos de investigación