Armatoplana celta, unha das novas especies achadas polo GEMM.

Armatoplana celta, unha das novas especies achadas polo GEMM.

Atopan na ría de Arousa dúas novas especies de vermes planos

O Grupo de Estudos do Medio Mariño bautiza os achados como Armatoplana celta e Hoploplana elisabelloi

O Grupo de Estudos do Medio Mariño (GEMM) vén de descubrir na ría de Arousa dúas novas especies de vermes planos. O achado foi publicado na revista especializada Zootaxa. As novas especies foron bautizadas como Hoploplana elisabelloi e Armatoplana celta. O primeiro destes nomes rende homenaxe á bióloga galega Elisa Bello, que faleceu prematuramente no 2008, quen desenvolveu a súa actividade no Museo de Ciencias Naturais e que foi pioneira na aplicación da informática na taxonomía, a disciplina que fai a clasificación das especies.

Hoploplana elisabelloi.

Hoploplana elisabelloi.

O GEMM está radica en Ribeira e formado por biólogos e mergulladores, que dende hai máis de dez anos realizan unha exhaustiva investigación das especies nas rías galegas. O nome de Armatoplana celta, pola súa banda, rende homenaxe “aos antigos poboadores de Galicia”, segundo afirman dende o GEMM.

No 2014, o GEMM xa descubrira outra nova especie de verme plano, o Euryleptodes galikias. Tamén atoparon un novo molusco gasterópodo descoñecido para a ciencia ao que bautizaron Simnia jacintoi. Trátase dun animal duns 6,5 milímetros de lonxitude que foi achado sobre colonias de corais blandos, dos que se alimenta, a uns 25 metros de profundidade. Para esta investigación anterior, colaboraron co Zoological State Collection de Múnich e coa Sociedade Alemá de Malacoloxía.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.