Venres 19 Abril 2024

Analizan o impacto do cambio climático na pesca e nos ecosistemas mariños

Un equipo composto por trinta científicos da Universitat de les Illes Balears, o CSIC e o IEO, entre os que están representantes do Centro Oceanográfico de Vigo, comezaron esta semana en Palma de Mallorca as reunións de traballo do proxecto Clifish, que estudará, desde diversas perspectivas, o impacto do cambio climático na pesca e nos ecosistemas mariños do Mediterráneo occidental e o Atlántico nororiental. Dentro desta tarefa, os investigadores realizarán predicións e proxeccións da evolución futura desta situación.

O proxecto Clifish, financiado polo Plan Estatal de I+D+I, dependente do Ministerio de Economía e Competititivade, está coordinado polo Instituto Español de Oceanografía, supón a continuación doutros traballos anteriores, como Idea, Ideados e Eclipsame. Está dividido en catorce casos de estudo que se organizarán en tres subproxectos, coordinados por cada un dos organismos. O IEO encargarase do estudo da dinámica de poboacións e comunidades sometidas á explotación pesqueira, a UIB traballará sobre o estudo e modelado de escenarios de cambio climático e de factores oceanográficos que inflúen na dinámica poboacional dos recursos mariños. E por último, o CSIC, a través do Institut de Ciències del Mar, analizará a diversidade, distribución e bioloxía de crustáceos decápodos  e da ecomorfoloxía de comunidades.

Publicidade

O proxecto Clifish contempla tamén a aposta pola divulgación da investigación do clima e das pesquerías, que se verá favorecida pola participación desta iniciativa no portal Observadores del Mar, unha web que complia observacións e experiencia de cidadáns sobre fenómenos que teñen lugar en alta mar para aplicalo na investigación mariña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte

Un hidroxel permite cultivar células neurais para reparar lesións medulares

O material desenvolvido polo CSIC combínase con campos magnéticos, un avance na busca de novas terapias