Sábado 20 Abril 2024

Adeus ó Cornide de Saavedra

O buque oceanográfico Cornide de Saavedra recibiu hoxe a súa despedida, despois de máis de 40 anos de servizo, e ducias de misións científicas realizadas. Un acto de homenaxe en Marín serviu para lle dar o derradeiro adeus a este barco emblemático para a ciencia mariña e que tiña a súa base en Galicia.

O buque está en proceso avanzado de poxa pública e, antes de entregalo ao seu novo propietario, o Instituto Español de Oceanografía (IEO) quixo facerlle unha despedida, na que participaron o coordinador da Frota do IEO, José Ignacio Díaz; a directora do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO, Victoria Besada; o investigador Javier Pereiro; un dos capitáns do buque, Ernesto Fernández; e o director do IEO, Eduardo Balguerías. Os intervintes destacaron a importancia do buque para a investigación e a formación de científicos mariños nas últimas décadas.

Publicidade

Cada ano o buque desenvolvía unha media de 200 días de campaña científica

O Cornide de Saavedra foi no seu momento o buque de maiores dimensións e mellor equipado do país, cunha gran capacidade multidisciplinar que, ademais, ata o seu derradeiro ano de actividade foi tamén unha plataforma de formación, na que participou practicamente toda a comunidade oceanográfica de España. Este buque, foi considerado ademais como Infraestrutura Científica e Técnica Singular (ICTS) dende 1995 e desenvolveu en media máis de 200 días ao ano de campaña sen contar tránsitos.

En setembro de 2013 deixou de prestar actividade de forma continuada en campañas oceanográficas, que foron trasladadas a outros buques. En setembro de 2014 desenvolveu a súa actividade final, que tivo como obxectivo a intercalibración con outros buques no contexto do programa DEMERSALES.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia

h

Un equipo galego revisa a literatura científica sobre estes eventos dende comezos do século XX ata a data

Un equipo de Vigo estuda como mellorar a pesca de arrastre para protexer os cetáceos

O IEO está probando dispositivos para reducir os descartes e evitar a captura accidental de especies protexidas

A temperatura da ría de Vigo foi estable ata 2020: estamos ante un cambio brusco de ciclo?

Un equipo do IEO recoñece que está sendo un "verán atípico" e con valores moi altos nas Rías Baixas, pese á tendencia dos últimos 30 anos