Xoves 18 Abril 2024

Acordo para trasladar os centros do CSIC ao novo Campus do Mar

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Xunta de Galicia asinaron este venres o convenio de acordo para o traslado do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) e a Sede Atlántica da Unidade de Tecnoloxía Mariña ás antigas instalacións da Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA), onde tamén se ubicará a nova sede institucional do Campus do Mar da Universidade de Vigo.

O acordo contempla a cesión dunha parcela de máis de 15.000 metros cadrados, ubicada no barrio de Teis, no interior da ría de Vigo. Á firma acudiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a Secretaria de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación, Carmen Vela, a presidenta do CSIC, Rosa Menéndez, e o director do IIM, Antonio Figueras.

Publicidade

Rosa Menéndez destacou que a cesión da parcela “vai contribuír a seguir desenvolvendo en Galicia ciencia de excelencia no eido das ciencias do mar”, e a secretaria de Estado de I+D+I afirmou que este acordo era “un gran paso adiante“.

Tras a sinatura do acordo, Antonio Figueras resaltou que “a renovación total das instalacións do centro supón un estímulo para as nosas investigacións, que se verán favorecidas. A situación da nova sede, en plena ría, é idónea, pois teremos ata o noso propio embarcadoiro”. Engadiu o director do IIM que, coas novas instalacións, converteranse “nun centro de referencia mundial, desde o punto de vista da infraestrutura, as técnicas, tecnoloxías, disciplinas e innovación, e moi conectado ao mundo da empresa, porque non ten sentido que se faga ciencia que non reverta na sociedade”.

Pola súa banda, Alberto Núñez Feijoo sinalou: “O pasado mes de xullo dixemos que estabamos no camiño adecuado para que Vigo e Galicia puidesen liderar a investigación mariña. E hoxe sumamos un socio moi importante para que este compromiso poida facerse realidade”. O presidente da Xunta tamén lembrou que “temos un compromiso que non ten volta atrás: converter a ETEA no centro de referencia de investigacións mariñas de Europa”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Debemos alarmarnos polo aumento de casos de tosferina?

En 2023, o número de casos desta enfermidade altamente contaxiosa aumentou en máis de nove veces con respecto ao ano anterior

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

O achado do maior réptil mariño da historia: así o descubriu unha rapaza de 15 anos

Un pai e a súa filla atopan en Reino Unido os restos dun peixe lagarto extinto que puido medir tanto como unha balea azul