As mulleres están moi presentes nos grupos de investigación, pero seguen sen acceder aos postos directivos. Na foto, grupo de Inmunoloxía da Uvigo.

As mulleres están moi presentes nos grupos de investigación, pero seguen sen acceder aos postos directivos. Na foto, grupo de Inmunoloxía da Uvigo.

A UVigo exporta a Chile a súa técnica de identificación do mexillón

O Grupo de Inmunoloxía desenvolveu este sistema que identifica a especie 'Mytilus chilensis'

Chile é o cuarto produtor de mexillón do mundo en nun futuro próximo a identificación das larvas da especie de maior interese comercial e social no país,Mytilus chilensis, podería realizarse con tecnoloxía desenvolvida polo Grupo e Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Hai máis dunha década, este grupo, xunto co Centro de Investigacións Mariñas de Arousa, desenvolveu unha técnica de inmunodetección para a marcaxe específica de larvas de mexillón con anticorpos monoclonais co obxectivo de dispor dunha ferramenta de identificación rápida, doada e precisa. “Unha técnica que permitise discriminar as larvas de mexillón nas mostras de plancto procedentes das rías, co fin de facilitar os estudos de distribución espazo-temporal das mesmas, e a consecuente mellora do cultivo de mexillón”, explica a investigadora posdoutoral do grupo Silvia Lorenzo, que lembra, que xa daquela, comprobárase que dous anticorpos obtidos (mAb22.8 e mAb36.5) recoñecían larvas tanto do Mytilus galloprovincialis galego, como mediterráneo, así como da especie M. edulis, sen identificar as larvas doutros bivalvos como ostra, berberecho, ameixa fina e xaponesa e longueirón.

Recollida de mostras.

Recollida de mostras.

Anos despois, a técnica desenvolvida polas investigadoras e investigadoras, que agora levan a cabo o seu labor no Cinbio, espertou o interese da Fundación Chinquihue, unha organización privada sen fin de lucro, que ten o obxectivo de promover o desenvolvemento do sector pesqueiro artesanal en Chile, co obxectivo de mellorar a situación socioeconómica das e dos pescadores artesanais de Puerto Montt, onde se localiza a Fundación, que é coñecida como a Galicia de Chile. Para mellorar o cultivo a escala industrial do M.chilensis cómpre desenvolver estudios de distribución larvaria e dada a gran homoloxía entre esta especie e o M.galloprovincialis, probouse se os anticorpos desenvolvidos polo grupo de Inmunoloxía servirían para recoñecer larvas de mexillón chileno M.chilensis e non as outras dúas especies de mitílidos que existen na zona, Chorimytiluschorus e Aulacomya ater. “Usando larvas de cultivo comprobamos que estes anticorpos recoñecen larvas de mexillón chileno, M. chilensis, e non recoñecen as outras dúas especies de mitílidos, resultando, por tanto, útiles para a súa discriminación”, confirma Silvia Lorenzo.

Chile é actualmente o cuarto produtor mundial de mexillón

Unha vez confirmada a viabilidade da técnica os anticorpos serán aplicados sobre mostras de campo complexas e para facilitar o proceso de discriminación larvaria, o Grupo de Inmunoloxía está a colaborar nun proxecto da Fundación Chinquihue, co obxectivo de axudara a implementar a detección in situ das larvas cos anticorpos monoclonais. Así, trala visita que investigadoras e investigadoras da Fundación realizaron a Vigo para aprender a técnica con mostras das rías galegas, unha investigadora do laboratorio de Inmunoloxía viaxará en decembro a Chile para asesorar sobre o terreo aos seus colegas chilenos. Ademais de que a Fundación Chinquihue implante a tecnoloxía de inmunodetección no seu territorio, estudaranse novas vías de colaboración entre ambas as dúas institucións.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.