VIA GALICIA ZONA FRANCA 3

Via Galicia acelera ideas para facelas empresas

O proxecto da Zona Franca de Vigo cumpre o seu cuarto ano, no que destacan as firmas tecnolóxicas

A cuarta edición da aceleradora Vía Galicia vai mobilizar ata 2.375.000 euros de financiación entre préstamos participativos e aportacións a fondo perdido. O programa porá o foco en 2016 sobre a Industria 4.0 e sectores estratéxicos como o aeronáutico. O conselleiro de Industria, Francisco Conde, informou xunto á delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, da nova convocatoria deste programa de apoio ao emprendemento, no que ambas administracións colaboran desde fai dous anos “sumando esforzos e aportando sinerxías”. Conde apuntou que anova convocatoria medra en proxectos respecto á de 2015, xa que serán 19 as iniciativas impulsadas en vez de 15.

“Buscamos que o noso ecosistema emprendedor dé resposta aos retos industriais de Galicia”, dixo Conde. Neste senso, o aliñamento desta convocatoria coa política industrial da Xunta se concretará nun especial protagonismo do sector aeronáutico e aeroespacial entre os proxectos que se apoien, en liña co polo tecnolóxico e industrial de Rozas e o Centro TecnolóxicoAeroespacial de Porto do Molle. Ademais, sinalou que a aceleradora apoiará iniciativas vinculadas á Industria 4.0, priorizando os proxectos de impacto industrial no noso esforzo de Galicia por consolidar sectores estratéxicos como o naval, onde o esforzo conxunto de estaleiros e administración ten permitido á comunidade sumar máis de2.200 millóns de euros en contratos, aos que se sumarán os 500 millóns dos BAC encargados a Navantia por Australia; ou a automoción, onde tras o éxito de Balaídos captando o novo modelo de PSA, se mobilizarán 3.600 millóns nos vindeiros anos.

ViaGalicia é a aceleradora do Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Axencia Galega de Innovación.

ViaGalicia é a aceleradora do Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Axencia Galega de Innovación.

Conde adiantou que na nova edición de Vía Galicia a Xunta redobrará o seu compromiso financeiro aportando 1,7 millóns, que inclúen préstamos participativos de XesGalicia de 50.000 euros por cada proxecto; apoios da Axencia Galega de Innovación-GAIN de 25.000 euros por proxecto, ou o respaldo, tamén de GAIN, poñendo a disposición da iniciativa ao CIS Galicia e as infraestruturas Industria 4.0.

“Vía Galicia é un programa que responde con resultados claros, se ten xa convertido nunha referencia internacional que xa está a facer Marca Galicia en Europa, e será unha plataforma para impulsar o noso futuro industrial a través do aeronáutico e a fábrica intelixente”, defendeu o conselleiro Conde. Desde 2014, Zona Franca e a Xunta apoiaron a formación de centos de emprendedores que formaban parte de 60 proxectos, e acelerado 25 iniciativas, ofrecéndolles apoio económico, titorización, asesoramento e mentoring, sumando 3 millóns mobilizados entre o Goberno galego e Zona Franca, o que supuxo a xeración de máis de 90 postos de traballo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.