Isaac Carrera, nas oficinas de Bendita Cocina.

Isaac Carrera, nas oficinas de Bendita Cocina.

Como converter a túa casa nun restaurante de estrela Michelin

A start-up galega Bendita Cocina, acelerada en Via Galicia, ofrece un servizo de chefs a domicilio

Galicia é un lugar no que tradicionalmente a comida ocupa un lugar principal. Pero nos últimos anos o despunte deste sector a nivel mundial foi inimaxinable. Os cociñeiros son tratados como estrelas de rock, e os talent-shows de gastronomía acumulan grandes cotas de pantalla. Ninguén imaxinaba que un oficio tan antigo podería poñerse tan de moda.

“No bar todos imos de adestradores e falamos de fútbol como profesionais, e iso está a pasar hoxe en día coa gastronomía; xa todos sabemos o que é unha redución» comenta Isaac Carrera, CEO de Bendita Cociña, unha plataforma con sede en Nigrán coa que podes contratar chefs que che cociñan na túa casa, empresas de cáterin e ceas en restaurantes. Un xestor de orzamentos gastronómicos.

Isaac é tamén CEO e co-fundador de Elemental Chefs, unha axencia de comunicación que ten un gran número de clientes da industria alimentaria. Esta foi a empresa da que naceu a idea. Por unha banda por unha campaña da axencia para Galicia Calidade de hai varios anos, na que se sorteaban ceas preparadas por chefs profesionais nas casas dos gañadores. Por outro, por unha experiencia de Eduardo Tejerina, o outro fundador de ambas as empresas. Para a súa cea de fin de ano quixo repetir esa dinámica e que un chef cociñase en casa do seu cuñado. A cousa non acabou tan ben. “Cando remataron de cear foron á cociña e aquilo parecía Cambodia“, coméntanos Isaac, o seu socio. “Deixaron todo tirado, un desastre completo, e tiveron que pasar o resto da noitevella fregando”.

Bendita Cocina

Cando uno fala con Isaac nótase rapidamente que é unha persoa á que lle gusta arriscar, probar e innovar. ·Tiñamos que sacar o produto online e puxémonos a facer probas con gasosa; fixemos dous proxectos, aburrímonos dun e quedou este, que tiña mellor pinta”. Así se creou inicialmente Benditta Cociña, como un proxecto interno, con falsos chefs e menús que non existían.

“Desenvolvemos a web e a xente chamaba, polo que tiñamos que lles dicir que o chef ao final non podía ou que se cancelou por algunha razón”. Pero para eles isto era unha mostra de que o proxecto tiña sentido e comezaron a avanzar nel. Buscaron chefs, buscaron menús e finalmente, clientes.

«Isto está pensado para presumir ante un cuñado»
“É un caso de competencia entre cuñados; así empezamos e así seguirá”, di Isaac. “O teu cuñado sempre foi a un restaurante mellor, ao último estrela Michelín ou ten a última foto de Instagram mellor colocada ca ti” explica, co mesmo estilo canalla do que está impregnada toda a comunicación da plataforma.

Saben que este é un servizo máis caro que un restaurante, pero unha ou dúas veces ao ano hai que gastar e “sentirche como Deus mentres un chef te cociña e ti tomas un Gin- tonic no salón; paga a pena”. Non soamente vale para presumir, senón tamén para aprender. Podes estar co chef na cociña, ver o que fai e como o fai e preguntarlle cousas. De feito, hai unha porcentaxe de clientes que buscan esa especie de formación.

Non temos que ter unha cociña especial para disfrutar de Bendita Cocina

Na plataforma pódese contratar o servizo de dúas formas: ou ben á carta, buscando un chef ou menú específico, ou ben poñendo as características do evento e que sexan os chefs que traballan na área os que nos ofrezan os seus menús. Non temos que ter unha cociña especial. Con forno, microondas, fogóns e neveira adoita ser suficiente. E se necesitan algo máis, lévano os cociñeiros.

O mesmo pasa cos ingredientes, que os compran os propios chefs. “O feedback xeral é moi bo, porque estás disposto a pasalo ben”. Os cociñeiros márchanse coas sobremesas sobre a mesa e a cociña impecable.

Unha start- up como laboratorio de experimentos
Para os fundadores de Benditta Cociña e Elemental Chefs, esta plataforma é unha maneira de facer aquelas cousas que desde a axencia de comunicación non se atreven a propoñer aos seus clientes. “Neste país temos o costume de converter as start- ups en empresas demasiado cedo, restando capacidade de experimentación”, comenta Isaac. Pero admite que eles poden facelo porque Benditta Cociña non é a base da súa economía.

“Sabemos que é un proxecto rendible – humildemente, pero rendible-, pero o que queremos é ser referentes”. Por iso a empresa evoluciona desde o comezo. Dos servizos a domicilio pasaron a ofrecer paquetes de ceas a grandes empresas, como Reitoral de Amandi, Mahou ou a propia Galicia Calidade. E tras pasar pola acelaradora Via Vigo engaden servizos como o de cáterin e restaurantes, porque “a xente empezaba a contactarnos para unha voda ou unha comuñón, e non podes mandar a un chef só a cubrir ese evento”.

Actualmente seguen a se expor a proxectos novos, como un chef persoal que faga unha auditoría da túa neveira, organíceche os tuppers e axúdeche a comer mellor. Ou un «chef a cegas», que por cento cincuenta ou douscentos euros fai que vaia un cociñeiro á túa casa e cociñe co que teñas. “Pode levar un sal maldón, un aceite ou unhas conservas”, pero a idea é un xogo cliente-chef. Aínda que adiantan que non saben se haberá mercado para isto.

Entre as tarefas de futuro tamén está a mellora dos procesos, de automatización do traballo con restaurantes e cáterin «sen complicarlles a vida». E en xeral “arranxar marróns”, comenta Isaac. Con todo, o que subxace sempre é que «para nós Benditta é un campo de probas, e non temos nin idea por onde imos saír».

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.