El pan de harina de castañas es el producto estrella de la empresa

El pan de harina de castañas es el producto estrella de la empresa

Castañam, innovación con sabor gourmet

O proxecto nado nunha aldea ourensá mostra as posibilidades de innovar no medio rural

Conseguir poñer en marcha un proxecto innovador nunha zona rural, apartada dos grandes centros empresariais, pode parecer unha utopía pero hai ocasións en que se dan as circunstancias para facelo. No caso de Castañam un dos factores fundamentais foi a cultura empresarial existente na familia do actor Rubén Riós, que puxo en marcha o proxecto xunto ao seu irmán. “Ambolos dous traballaramos nos negocios familiares (tenda, supermercado) que tiñan os meus pais en Riós (Ourense), alí vendíanse produtos clásicos e queriamos apostar por algo innovador”, explica Rubén.

Rubén Riós, CEO de Castañam

Rubén Riós, CEO de Castañam

A abundancia de castiñeiros na contorna levoulles a interesarse polas posibilidades da fariña de castaña e tras un proceso de proba e erro que lles levou máis dun ano, coa importante colaboración de panadeiros da comarca, lograron dar cunha fórmula para elaborar un pan realizado cunha alta porcentaxe deste tipo de fariña , con altos estándares de calidade e que se convertería no produto estrela do proxecto.

“É un produto que está orientado ao mercado dos restaurantes porque o seu prezo é elevado respecto ao pan común (entre 10 e 13 euros por quilo). A alta restauración é un nicho de mercado importante para nós e contamos co apoio de chefs como Iván Dominguez e Juan Crujeiras que o usan nos seus restaurantes”, indica Riós.

Ademais do pan, Castañam vende outros produtos realizados con castañas como marmelada, galletas ou madalenas. Só contan cunha tenda propia situada na Coruña e non teñen previsto abrir máis porque a súa intención é distribuír os produtos a través de tendas especializadas en produtos gourmet, como as que ten Coren (coa que se chegou a un acordo de distribución) en diversas localidades.

“A nosa primeira tenda abrímola en Riós pero posteriormente vimos que nos interesaba un mercado máis gourmet e tampouco queremos que o noso produto estea en moitas tendas dunha cidade ao mesmo tempo. Agora o reto é a expansión polo resto de España porque é un produto descoñecido pero que esperta interese alí onde imos, como o salón Madrid Gourmet, onde estivemos hai dous anos”, sinala o máximo responsable de Castañam.

“Máis aló do apoio económico é moi importante apoiar á xestión do proxecto”

Riós considera fundamental que existan apoios institucionais para favorecer o emprendemento en zonas rurais, xa que un dos grandes problemas que existen é a falta de cultura emprendedora nesta contorna. “Máis aló do apoio económico é moi importante o apoio á xestión e axudar ás empresas que nacen a conseguir contactos que poidan apoiarche na posta en marcha do proxecto”. Castañam contou co apoio de Via Galicia para a execución da iniciativa.

Actualmente a empresa conta con catro traballadores directos pero xera outros 20 empregos indirectos xa que traballan con diversos fornos e outros provedores para a elaboración e distribución do pan aos diversos puntos de venda. “Agardamos que podamos ser tamén un exemplo no que se fixen outros emprendedores do medio rural para decidirse a poñer en marcha un proxecto que contribúa a facilitar a vida da xente”, conclúe Riós, quen destaca tamén que Castañam vai máis aló da procura do beneficio económico e aposta por un modelo que aposta por achegar valor ao mundo rural.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.