A toma de datos sobre o terreo é a base do traballo posterior

A toma de datos sobre o terreo é a base do traballo posterior

3edata, destripando o territorio

Unha spin- off nada no campus de Lugo aposta pola análise de datos para ofrecer diversos servizos

Extraer toda a información posible que nos ofrece o territorio para poñer en marcha proxectos de natureza moi diversa é o obxectivo da spin- off lucense 3 edata, unha empresa que a pesar da súa curta traxectoria xa soubo atopar un lugar para posicionarse no terreo da consultoría e a xestión de proxectos de infraestruturas, ambientais ou agrícola-gandeiros.

Toma de datos nun encoro

Toma de datos nun encoro

A captación de datos sobre o terreo mediante o uso de sensores, satélites, drons e avionetas é o inicio do proceso que leva á empresa posteriormente a elaborar un diagnóstico sobre as características do terreo e as posibilidades que existen para poñer en marcha sobre o mesmo algún proxecto ou xestionar o que xa se está desenvolvendo.

Marco Rubinos, director de proxectos de 3 edata, explica que a empresa naceu en febreiro de 2016 coa base do coñecemento e a experiencia desenvolvida ao longo de tres décadas por el mesmo e os seus socios Carmen Cillero (I+D) e Boris Hinojo (Tecnoloxía) no seo do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural ( IBADER) do Campus de Lugo.

“Despois de 15 anos de traballo”, sinala Rubinos, “decidimos que era o momento de dar un paso máis e crear un proxecto que permite transferir o coñecemento adquirido na universidade cara á empresa”. Poucos meses despois de iniciar a súa andaina empresarial conseguiron un investimento de 180.000 euros e na actualidade o seu volume de negocio xa supera o medio millón de euros.

As perspectivas de crecemento para os próximos anos son moi positivas. “Ao vir do ámbito universitario e operar nun sector que aínda non está moi maduro temos a posibilidade de desenvolver tecnoloxías que nos van a permitir poñer en marcha novos servizos e mellorar os que xa estamos a prestar”, indica o responsable de Proxectos de 3 edata.

A empresa foi seleccionada dentro do programa Via Galicia 2016. A actividade da empresa céntrase no ámbito agroforestal, con aplicacións no campo da viticultura, a xestión de masas forestais e os cultivos. Pero, ademais, 3 edata, opera noutros terreos como a xestión de infraestruturas eléctricas. a monitoraxe de encoros ou a elaboración de proxectos de I+D no terreo ambiental.

O volume de negocio supera o medio millón de euros e as perspectivas son boas

A maioría dos clientes son empresas pero 3 edata tamén colabora coa universidade e outras administracións á hora de levar adiante proxectos europeos. Actualmente, por exemplo, a empresa colabora coa Universidade da Coruña na posta en marcha dun sistema que emprega aboias e vehículos subacuáticos para a toma de datos en encoros. Xunto ao Concello de Lugo, 3 edata encárgase da xerencia dun proxecto europeo relacionado coa planificación urbanística e tamén traballan coa Deputación lucense noutro proxecto europeo sobre gandería extensiva.

No terreo da consultoría contan xa con carga de traballo para os próximos dous anos Este ano foi o que permitiu consolidar á empresa e cara a 2018 está prevista a posta en marcha dun plan de márketing co que esperan poder incrementar a cifra de negocio a un ritmo dun 20 por cento anual, ademais de continuar captando fondos para desenvolver novas liñas de actuación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.