Xoves 28 Marzo 2024

ViaExterior axudará a 20 empresas galegas a abrirse a novos mercados

A segunda edición da aceleradora ViaExterior, promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, impulsará a internacionalización das pemes galegas. Farao a través dun programa que contempla como principais novidades a utilidade do seu campus online e talleres presenciais de resolución de casos. “Máis rápido, máis lonxe e mellor” é a filosofía de ViaExterior. Dirírixese a pemes galegas que queiran acceder a novos mercados. A recepción de solicitudes estará aberta do 19 de xuño ao 19 de xullo. A inscrición online gratuíta está dispoñible a través da súa web. Durante o mes de captación desenvolveranse diferentes eventos informativos para dar a coñecer os detalles desta nova edición. O primeiro evento será un webinar, ou seminario web o 22 de xuño, ao que lle seguirán presentacións en Vigo (27 de xuño), Vilagarcía (4 de xullo) e Porriño (10 de xullo).

Os participantes tamén mellorarán as súas competencias e coñecementos a través dun campus online

De todas as solicitudes, seleccionaranse ata un total de 20 pemes que durante seis meses pasarán por dúas fases: de estratexia e a de aceleración. A fase de estratexia terá como resultado a definición do plan de internacionalización da empresa e detección de novas oportunidades de negocio.  Ademais, os participantes tamén mellorarán as súas competencias e coñecementos a través dun campus online personalizado e talleres presenciais de resolución de casos.

Publicidade

A aceleración enfócase a través de sesións de mentoring, coaching e vixilancia competitiva. Todo xirando en torno á cultura organizacional ou ás negociacións internacionais, entre outros. As dúas fases completaranse coa última etapa de acceso a financiamento. Nela as empresas prepáranse para participar nun foro de entidades de investimento. Á finalización deste programa os participantes obterán un certificado de capacitación nos procesos de internacionalización empresariais, dunha duración de 179 horas. Todas as sesións presenciais de ViaExterior desenvolveranse en horario de tarde os venres de setembro do 2018 a marzo de 2019.

ViaExterior e a aposta pola internacionalización

ViaExterior, nacida en 2017, ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a superar as barreiras e dificultades de acceso a novos mercados. O ano pasado, presentáronse máis de sesenta solicitudes. Entre os sectores máis interesados, destacaron o agroalimentario, o naval, o da construción e do consumo tecnolóxico. As empresas seleccionadas valoraron foi o aprendizaxe dunha metodoloxía para acceder a novos mercados. Abordaron varias temáticas, entre elas o  “Márketing Internacional“ ou a “Comunicación e Negociación Intercultural“. Grazas a este programa, vinte empresas terán a oportunidade de conquistar novos mercados. Algunhas empresas como M International, recibiron axuda de Vía Exterior. Este negocio de produción audiovisual está a piques de se abrir no mercado nipón para producir unha serie sobre o Camiño Xaponés e o Camiño de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:16

ViaGalicia, dez anos impulsando ás empresas do futuro

O programa de aceleración da Zona Franca recibiu máis de mil propostas nunha década de existencia, coa innovación como denominador común das ideas seleccionadas

Hermes Smart Control, loxística innovadora para o sector industrial

A aceleradora BFAuto (Business Factory Auto), promovida pola Xunta a través...

Manuel E. Garci: “Temos que coidar as nosas rías, porque son case únicas”

O biólogo mariño, gran coñecedor dos fondos mariños da ría de Vigo, pechou o ciclo 'Vigo Científico', organizado por GCiencia e Consorcio da Zona Franca

EN DIRECTO | O mundo submarino da ría de Vigo con Manuel E. Garci, en ‘Vigo Científico’

O biólogo mariño, gran coñecedor da zona, participa este martes ás 19.30 nos encontros organizados por GCiencia e o Consorcio da Zona Franca