Martes 16 Abril 2024

A Universidade da Coruña deseñará un robot submarino xunto ó sector naval

Un robot submarino que poida reparar plataformas petrolíferas é a estrela de “A-Tempo“, un programa de investigación da Universidade da Coruña en colaboración co sector naval que recibirá 3,2 millóns de euros do Ministerio de Economía. Trátase da primeira iniciativa de “compra única innovadora”, un sistema que será o estándar da política científica europea dos vindeiros anos  e que obriga a traballar conxuntamente a intitucións e empresas. O chamado “Horizonte 2020” da UE subvencionará así os proxectos de investigación, mediante colaboración pública e privada.

Trinta empresas do naval participaron onte en Ferrol na presentación do proxecto. Ademáis do enxeño robótico submarino, a Universidade deseñará unha embarcación de apoio a parques eólicos marinos e un sistema para reparación remota de plataformas.

Publicidade

O investigador Richard Duro, responsable de “A-Tempo”, explicou que a UDC leva máis de dous anos e medio traballando con empresas do sector naval co obxectivo de “buscar ser un núcleo que permita xerar un polo de investigación e desenvolver un negocio en enxeñaría no mar”. Deste xeito, analizaron as posibles necesidades existentes no sector offshore, das que sacaron unha trintena de actuacións que se poderían levar a cabo entre os investigadores e as empresas. Finalmente, resumíronas en tres.

Reparto de dereitos e royalties

A plataforma robótica sumerxible permitirá o mantemento dunha estrutura offshore sen axuda de mergulladores profesionais, como se fai actualmente. Tampouco existen robots que realicen esta función completamente. A embarcación para parques eólicos mariños será deseñada para instalar aeroxeneradores no mar. E o sistema inmersivo para a asistencia remota ao mantemento permitirá a un técnicos facer arranxos nun buque sen estar a bordo do barco.

A UDC, nunha primeira fase que se abrirá no mes de abril, oferta as tres accións e as licitará ás empresas. As ofertas admitidas, entre tres e cinco por cada actuación, desenvolveranse conxuntamente entre os investigadores e as empresas para concorrer á segunda fase, que é a adquisición do produto final.

A propiedade intelectual e industrial será compartida pola Universidade da Coruña e pola empresa. Os dereitos de comercialización son para a empresa coa reserva da propiedade intelectual e os royalties da UDC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

Buscan nun cemiterio de Narón unha das maiores fosas creadas polos golpistas en Galicia

O 26 de decembro de 1936 levouse a cabo unha das máis grandes execucións masivas das que hai constancia en terras galegas, na que foron asasinadas un total de 34 persoas

A UDC coordina o primeiro sensor automático en detectar zoonoses a escala mundial

O proxecto está liderado polo grupo do investigador Alejandro Criado. Chámase FLUFET e identifica un amplo espectro de obxectivos virais