As instalacións de Navantia en Ferrol.

As instalacións de Navantia en Ferrol.

A UDC e Navantia crean a primeira cátedra do sector naval

A Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos rende homenaxe ao xeneral que iniciou as obras do Arsenal de Ferrol en 1750

O convenio de creación da nova Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos pola Universidade da Coruña (UCD) e Navantia asinouse hoxe na Sala de Xuntas da Vicerreitoría do Campus de Ferrol. Os responsables deste convenio foron o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, o director do Estaleiro Navantia Fene-Ferrol, Julio Martín Ramos, e o responsable do Control Operativo de Programas de Navantia, Andrés Cachaza Abeal.

O obxectivo da cátedra é promover a investigación e transferencia de coñecemento no ámbito de Enxeñaría Naval e Industrial. Así mesmo, promoveranse as prácticas curriculares e extracurriculares dos estudantes da UDC en Navantia, entre outras accións. O seu nome rende homenaxe ao do tenente xeneral Cosme Álvarez de los Ríos e Anocete, responsable do inicio das obras do Arsenal e Estaleiro de Ferrol, a partir do ano 1750.

Ao acto de firma asistiron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño; o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández; o director do Campus Industrial de Ferrol, Ginés Nicolás; o almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Francisco Javier Romero Caramelo; o director do Porto de Ferrol, Alejandro Rey; representando á Dirección de Enxeñaría e Innovación de Navantia, Fernando Lago Rodríguez; o director da Escola Politéncica de Ferrol (EPS), Armando Yáñez; e o director da da Escola Universitaria Politécnica (EUP), Andrés Piñón.

O conselleiro explicou que o Goberno galego, a través de iniciativas como o Campus Industrial en Ferrol, está a facer unha aposta estratéxica pola especialización dos campus para estimular a economía e para acadar unha maior conexión entre as universidades e as necesidades derivadas dos nichos de emprego que xorden nos sectores produtivos.

Unha resposta a “A UDC e Navantia crean a primeira cátedra do sector naval”

  1. luisa Santos

    Estas son las notocias que necesitamos en Ferrol.para saber si somos capaces de levantar esta industria tan extraordinaria que tenemos

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.