Situm traspasa fronteiras coa súa tecnoloxía de localización en interiores.

Situm traspasa fronteiras coa súa tecnoloxía de localización en interiores.

Situm traspasa fronteiras coa súa localización en interiores

A empresa galega xa coloca a súa tecnoloxía en máis dun cento de países, entre eles Estados Unidos e Xapón

Os doutores en Robótica e Enxeñería Artificial Víctor Álvarez, Adrián Canedo e Cristina Gamallo lograron que a súa tecnoloxía de localización e navegación en interiores para smartphones se aplique en máis dun cento de edificios de varios países, entre os que se atopan Estados Unidos ou Xapón.

Os tres doutores son os fundadores de Situm, creada hai pouco máis de ano e medio, arroupada polos servizos e financiamento da Universidade de Santiago de Compostela.

Situm desenvolveu un motor de posicionamento que se adapta a calquera espazo sen necesidade dunha instalación de hardware, pero garantindo unha precisión ata agora inexistente. Os seus algoritmos conseguen unha precisión cun erro máximo dun metro e distinguen niveis, mobiliario, ascensores, servizos ou escaleiras.

Así, é capaz de determinar a planta e punto do plano en que se atopa o usuario do smartphone en contornas como un hospital, aeroporto ou centro comercial.

Situm creóuse hai pouco máis de ano e medio respaldada pola USC

O seu sistema para smartphones intégrase en calquera aplicación Android ou iOS e a partir de elementos existentes no interior do edificio, como a rede wifi ou os propios campos electromagnéticos da contorna, sitúa obxectos e persoa. Pode tamén recibir indicacións, mesmo mediante instrucións auditivas.

Por mor do seu motor de posicionamento (solicitaron a patente europea para protexer o investimento acumulado en I+D, que cifran en 400.000 euros) desenvolveron un software para integrar a súa tecnoloxía en calquera app de forma sinxela.

Telefónica, que o presentou no Mobile World Congress, gañou o concurso para implantar en todos os hospitais e centros de saúde de Galicia esta aplicación.

O seu uso favorece a aparición de novos servizos e melloras. No ámbito comercial, por exemplo, pode pescudar os patróns de movemento dun comprador nunha superficie comercial, o que permitirá coñecer mellor ao potencial cliente. En grandes espazos é capaz de determinar a localización exacta do persoal de seguridade, o que permitirá unha intervención rápida en caso de risco.

Situm mantén acordos para a comercialización da súa tecnoloxía con Telefónica, ESRI España e tamén Seur Prol, que pagan polo uso en función do número de usuarios e tempo. Agora abriu unha nova rolda de financiamento para captar dous millóns de euros, pero os fundadores manterán o control.

Unha resposta a “Situm traspasa fronteiras coa súa localización en interiores”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.