O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na toma de posesión Argerey. Foto Xoán Crespo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na toma de posesión Argerey. Foto Xoán Crespo

A economista Patricia Argerey, nova directora da Axencia Galega de Innovación

Foi asesora e xefa do gabinete do conselleiro de Economía e sucede no cargo ao enxeñeiro Manuel Varela

Patricia Argerey Vilar tomou posesión como nova directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), nun acto no que o conselleiro Francisco Conde manifestou como o obxectivo deste departamento da Xunta que “Galicia e a súa industria sigan incorporando a innovación ao seu ADN”.

A nova directora de Gain sinalou que a súa premisa é traballar polos galegos e galegas para impulsar a innovación na comunidade, dando así continuidade ao labor realizado polo seu antecesor no cargo, Manuel Varela.

Argerey Vilar, nada en Lugo no ano 1977, é doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e conta cun máster en Estudos Políticos Aplicados pola Fundación Internacional y para Iberoamérica de Administración y Políticas Públicas. Ocupaba desde xaneiro de 2013 o cargo de xefa de gabinete do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, onde chegara despois do seu labor como asesora do presidente da Xunta desde o ano 2009.

Con anterioridade foi profesora na Universidade Complutense de Madrid e secretaria xeral e coordinadora de proxectos I+D do Instituto de Estudios Europeos da Universidade CEU San Pablo, onde exerceu tamén a docencia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.