Cristophe Queeson, Noelia González e José Santacroce, examinadores da Oficina Europea de Patentes.

Cristophe Queeson, Noelia González e José Santacroce, examinadores da Oficina Europea de Patentes.

A Oficina Europea de Patentes busca científicos e enxeñeiros en Galicia

A organización agrupa 32 países e visita as universidades galegas na procura de examinadores de novos inventos

Sede da Oficina Europea de Patentes en Múnic.

Sede da Oficina Europea de Patentes en Múnic.

Coñecemento sólido; un alto grao de habilidades técnicas; un bo dominio dos idiomas oficiais: inglés, alemán e francés, ademais de pragmatismo, un bo nivel comunicativo e dotes para o traballo en equipo. Estas son, segundo, Noelia González, enxeñeira superior en Telecomunicación pola Universidade de Vigo e examinadora de patentes no campo técnico de interacción persoa-computador da Oficina Europea de Patentes, as características dun ou dunha boa examinadora de patentes. Noelia comezou na Oficina cun programa de prácticas e, logo, unha vez que acadou un mellor nivel de idiomas, solicitou traballo como examinadora, unha función que leva desempeñando dende hai tres anos. “O meu traballo consiste en buscar e examinar as solicitudes de patentes europeas, comunicarme con avogados de patentes e tomar a decisión, xunto con outros dous examinadores, sobre a concesión dunha patente”, explica Noelia González, en relación coa súa actividade na EPO, unha organización internacional na que traballan preto de 7.000 persoas, dunha trintena de nacionalidades, das que unhas 4.000 están dedicadas ao exame de patentes.

A Oficina Europea de Patentes condede cada ano máis de 60.000 patentes

Segundo conta María del Carmen Echevarría no DUVI, obxectivo de incorporar novos e novas examinadoras, a EPO celebrará o vindeiro martes, día 30, no salón de actos da Escola de Enxeñaría Industrial, unha xornada de recrutamento dirixida a alumando, egresados e estudantes de doutoramento das enxeñarías, Física, Matemáticas, Bioloxía e Química. A partir das 9, José Santacroce, director na área de interacción persoa-ordenador da EPO, e os examinadores Noelia González e Christophe Quesson, explicarán aos e ás asistentes os detalles da actividade que desenvolve a Oficina, así como o traballo dos e das examinadoras de patentes. A xornada rematará con dúas fases de entrevistas individuais cos candidatos e candidatas.

Patente europea

A concesión dunha patente europea comeza no momento no que o ou a solicitante presenta unha descrición do invento xunto coas reivindicacións. Tras examinarse os requerimentos formais, de cumprirse, realízase a busca e entrégase un informe de busca, xunto cunha opinión preliminar sobre patentabilidade. “Entón o solicitante pode decidir se entra na fase de exame de fondo na que se realiza un exame, que remata coa concesión dunha patente europea ou coa súa denegación”, explica Noelia González, que incide no papel clave que desempeñan os examinadores neste proceso que culmina ao ano coa concesión por parte da EPO dunhas 60.000 patentes.

A egresada pola Universidade de Vigo non dubida en animar aos e ás estudantes a participar nesta xornada de recrutamento para converterse en examinadores da EPO, “porque te permite traballar nunha contorna estimulante, internacional e multicultural, á vangarda da tecnoloxía e con amplas oportunidades de desenvolvemento profesional, ao tempo que podes practicar coñecemento de idiomas e vivir en cidades como Múnic, A Haia e Berlín. Ademais de que a EPO ofrece un emprego a longo prazo e con boas condicións laborais”, asegura.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.