Sábado 20 Abril 2024

O Polo de Drones de Rozas atrae 15 firmas e 120 empregos cualificados

O polo tecnólóxico e industrial de Rozas está a xerar xa preto de 120 empregos altamente cualificados tanto en Indra e Babcock como nas 15 pemes e centros tecnolóxicos subcontratados desta iniciativa. Así o asegurou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, nunha visita ás instalacións.

Polo momento son 15 axentes (7 centros tecnolóxicos e de investigación e 8 pemes galegas) os que están a participar no desenvolvemento deste programa de I+D, cifra que se duplicará ata chegar á trintena. En total, esta fase da iniciativa está a mobilizar 115 millóns de euros, que sumados aos 10 investidos no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) e os 24 millóns de euros do convenio co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade para o desenvolvemento de proxectos de Compra Pública Innovadora (tamén coñecida como fase B ou de solucións), acadan os 150 millóns de euros.

Publicidade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, apuntou que co polo tecnolóxico e industrial de Rozas a Xunta busca desenvolver un novo sector económico de alto valor engadido en Galicia, e a diversificación do tecido industrial galego e a transferencia de coñecemento. O programa de I+D, orientado ao deseño e desenvolvemento de tecnoloxías a medida, avanza en paralelo ao programa de solucións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura