eucaliptos ence

A nova tecnoloxía denomínase LiDAR.

O láser que calcula a masa forestal

Un proxecto da Cátedra Ence da Universidade de Vigo desenvolve unha nova tecnoloxía para xestionar os recursos dos montes

A Cátedra Ence iniciou un proxecto de investigación baseado na aplicación da tecnoloxía láser para a medición da madeira existente nas masas forestais. Esta innovadora tecnoloxía, denominada LiDAR, consiste en realizar inventarios forestais sobre a base da emisión/recepción de raios láser nunha parcela forestal determinada.

A Comisión da Cátedra Ence, posta en marcha coa Universidade de Vigo, tomou a decisión de apostar pola investigación do uso da tecnoloxía LiDAR na súa reunión semestral de seguimento. Esta tecnoloxía baseada no uso do láser permite desenvolver modelos predictivos sobre os principais parámetros dos montes arborados. Deste modo, obtense información clave para a xestión destas masas forestais e os seus potenciais aproveitamentos sostibles.

A tecnoloxía LiDAR, cuxos usos tamén están a ser desenvolvidos en países como Estados Unidos, Canadá ou Escandinavia, representa o paso de técnicas de inventario forestal do século XIX ás do século XXI. Ademais, supoñerá a base da avaliación dos recursos forestais de calquera territorio, sendo extremadamente útil na toma de decisións sobre política forestal.

O sistema realiza inventarios sobre a base de raios láser nunha parcela

A Comisión Mixta responsable do seguimento da Cátedra Ence decidiu así mesmo continuar apostando pola concesión das bolsas de traballo en prácticas, dirixidas a alumnos da Escola de Enxeñaría Forestal, que realizarán tanto na factoría pontevedresa, como nos montes que a empresa xestiona. Igualmente, a Comisión acordou continuar a dinámica xa establecida na realización de foros de debate de alto nivel técnico sobre temas forestais vangardistas, coa celebración dun simposium acerca da implantación da Estratexia Forestal Europea, recentemente aprobada pola Unión Europea.

A Cátedra ENCE, que conta con case dúas décadas de historia, é o resultado dun convenio de colaboración entre a compañía e a Universidade de Vigo, co obxecto de abordar tarefas de difusión de coñecementos técnicos, transferencia de tecnoloxía e proxectos de investigación. Ao longo da súa historia deu múltiples froitos, sendo recoñecida na actualidade nos ámbitos forestais tanto nacionais coma internacionais.

No ámbito de la tecnoloxía, Ence puxo en xuño a disposición dos propietarios forestais unha app para móbiles e tabletas que permite calcular a cantidade de madeira de eucalipto coa que conta unha parcela. Faino mediante unha calculadora que ten en conta dados como a altura total da árbore, o seu diámetro, a especie da madeira ou o número total de árbores por parcela. A empresa trata así de apoiar o labor dos propietarios forestais, facilitándolles unha ferramenta de traballo que lles axudará á xestión das súas plantacións e á toma de decisións. A aplicación inclúe ademais diversas informacións de interese.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.